COMO SE NOTA que están as “elesións” á volta da esquina. Sae unha a calquera parte e raro é que non se atope con “aljún” acto de campaña. Onte andaba por Cambados e “cruseime” cun “jrupo” que resultou ser o dos candidatos de En Marea.
Resulta que se presenta un “xues” para a Xunta e alá andaba tamén el a tentar “convenser” do voto ás mariscadoras onda San Sadurniño. Así que entre promesas e sachos foi a cousa. “Lojo” seica “almorsou” no bar da Cofradía de Cambados. Menú do día. E alí fanche moi ben de comer, ai iso si! Porque vaia, será polo bo viño e o bo mar que ten Cambados! Quen proba, repite.
Tamén anduveron de “dejustasións” en Vilanova, pero xa non en campaña. Contáronme unhas “amijas” palilleiras que “orjanisaron” unha pequena papatoria para “ajradeser” a axuda do Concello na concentración do oficio, de todos os anos. Ben está, que dar as “jrasias” non custa nada.