S on moitos os motivos que nestes tempos poden provocar a nosa indignación, pero no meu caso persoal, debo recoñecer que levo moi mal, pero moito, aguantar actitudes cínicas e hipócritas. Esas actitudes están marcadas pola necesidade de aparentar ser dunha forma e logo, na realidade, ser moi diferente, ata chegar a ser o contrario do que se predica, e se para elo hai que mentir e enganar, pois se fai, o que faga falla para manter as aparencias.
Son precisamente as aparencias o único que preocupa na forma de entender a política, e o exercicio das liberdades de cada quen que amosa o actual goberno. Digo isto dende a mais absoluta das indignacións, xa que por segunda vez, este goberno amosa un cinismo e prepotencia nas súas decisións, mais propias de hipócritas que din defender e respetar as opinións de todos, pero en canto poden sacan a vena prepotente e por exemplo impiden a votación das alegacións presentadas por Esquerda Unida ao modelo impositivo do Goberno de Varela.
Este grupo Municipal, o de Esquerda Unida, presentouse ás últimas eleccións, cun programa e cuns compromisos adquiridos no tempo para tentar cambiar as cousas, e facelas máis xustas. Certo é que non obtivemos os apoios necesarios para poder aplicar o noso programa, pero tampouco se pode faltar ao respeto dos nosos votantes e dos que os representamos secuestrando a moción que presentamos en tempo en forma para o pleno de onte, na que pretendemos que se aplique unha rebaixa real e efectiva sobre o imposto do IBI, tal e como nos comprometeramos no pasado, e o PSOE tamén, que pedía o 0,52 no ano 2013, igual que nos, a diferenza e que nos pensamos e seguimos pedindo o mesmo, e eles que gobernan e poden cambialo, mudaron o seu discurso, iso e hipocresía. A mesma hipocresía que lles fai facerse a foto anunciando unha medida que eles rexeitaban no pasado, cando eramos outros os que presentabamos mocións para tentar de buscar e aportar solucións.
Pero en fin, non quero desviarme, o feito e que argumentan na xustificación da decisión de secuestrar a nosa moción de baixada do IBI que non deu tempo a encargar os informes de Intervención que valoren o impacto da proposta que realizamos. O impacto xa o podemos anticipar nos, a devolución aos cidadáns do millón de euros mais que se paga cada ano polo incremento deste imposto. Pero de todos modos esta escusa demostra o seu Cinismo, pois a moción pide o mesmo que as alegacións presentadas no mes de decembro, e o feito que non teñan valorado o impacto das alegacións, significa que non tomaron a decisión de rexeitar as alegacións por unha cuestión de viabilidade técnica ou orzamentaria, non, foi unha decisión política, ou mais ven na falla de vontade política para afrontar cambios que melloren a vida dos veciños e veciñas. Pois os únicos informes que pediron eran para incapacitar a petición como alegación. Precisamente o informe recollía dúas cuestións claves para entender o que pretendo denunciar. O informe dicía que se ben non era unha alegación sobre a modificación concreta, a proposta podía ter mais cabida baixo a figura de Moción ou Petición, pero que deixaba a vontade política a súa discusión ou non, pois xa sabemos que foi que non, pero o foi polo que xa dixen, e constata o informe, e volvo insistir, pola absoluta falla de vontade política.
E agora que seguindo as indicacións do informe, presentamos como moción a Rebaixa do IBI, nos censuran e din que é porque non teñen o dato do impacto da medida, home pois dende decembro xa tiveron tempo a valoralo.
O certo e que non queren que se leve ao Pleno o debate e votación dunha medida, que eles pediron no 2013, e agora rexeitan, porque non queren que sexa público e notorio o seu voto contrario a unha medida defendida, digo mais, esixida polo PSOE no ano 2013, porque en definitiva deixaría ao descuberto o cinismo e hipocresía deste grupo Municipal de Goberno, capaz do que sexa para xustificar o inxustificable.
Censuran e critican as propostas de Esquerda Unida porque resultan molestas para o PSOE, porque en definitiva estamos a ser a voz de esa conciencia “que non lles deixa durmir”, porque xa hai tempo que nin socialistas nin obreiros, si tan so fosen obreiros ou soubesen o que é selo, saberían o difícil que é hoxe por hoxe afrontar os pagos dos Impostos, incluído o IBI, para a clase obreira cos salarios que existen en parte grazas as políticas defendidas por ese partido no estado.
*Voceiro do grupo Municipal de Esquerda
Unida en Vilagarcía.