De tapas por Vilagarcía

Eu non sei quen ten razón ou que non a ten co conto este do transporte comarcal, pero o certo é que fai boa falta para que as personas de idade coma min poidamos movernos polo Salnés con independencia e sen ter que depender dos familiares. É que quixen ir ata A Illa para estar coa neta da miña amija Josefa, que seica ía participar nun contacontos para bebés, e non había maneira. Menos mal que o meu xenro está a janar votos e de paso que ía para Cambados parou na Illa para deixarme alí e recollerme á volta. Por certo, como me vou poñer estes días coa Feira das Tapas que hai en Vilagarcía e que están para chuparse os dedos. Onte xa estiven alí. Fun das primeiriñas e ata houbo un cociñeiro que me invitou a tomar unha. Así que, xa sabedes, se queredes pasalo ben e comer ben tedes que pasar polos stands de degustación.  Hoxe tampouco falta a nota deportiva do día. Por certo, xa me estou a preparar que dentro de pouco tócame vendimar e non é un traballo doado para unha muller dos meus anos, pero tamén o paso ben con toda a familia e os amijos debaixo da viña. 

De tapas por Vilagarcía

Te puede interesar