O Memorial Manolo Dieste, en beneficio dos transplantados de médula ósea

O Memorial Manolo Dieste, en beneficio dos transplantados de médula ósea
O alcalde Manuel Ruiz agradeceu a iniciativa e brindou a colaboración do Concello | da

Por iniciativa dun grupo de amigos, quen fora presidente fundador da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira, Manuel Dieste Mos, vai dar nome a unha nova carreira cun carácter solidario ligado coa enfermidade que o levou no ano 2017: o I Memorial Manolo Dieste, a beneficio de Asotrame, a Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea. María José Carreira explicou que a idea de celebrar esta iniciativa xurdiu a raíz do impulso polo hospital clínico dunha campaña de micromecenazgo para apoiar a investigación do trasplante de médula ósea, e veron nesta proba deportiva unha maneira de contribuír ao tempo que recordar a Manolo Dieste, falecido por unha leucemia. A cita terá lugar o día 30 de maio a partir das 10 horas e reunirá unhas características moi condicionadas polo covid. Así, segundo explicou Abraham Benítez, as saídas dos participantes terán lugar dende a punta do peirao de Ribeira cada dez segundos. O trazado terá unha distancia de 5 kilómetros cun perfil moi chan, cunha soa volta entre o Touro e o Náutico.


Haberá un máximo de 150 prazas (custe de 6 euros) e poderán apuntarse a través de galitiming.com. Haberá tamén un dorsal cero para contribuír á causa no número de conta ES75 2080 0240 38 3040004920. 

O Memorial Manolo Dieste, en beneficio dos transplantados de médula ósea

Te puede interesar