O Grove elabora unha ordenanza para regular a actividade do mercado semanal e a venda ambulante

O Grove elabora unha ordenanza para regular a actividade do mercado semanal e a venda ambulante
Imaxe de arquivo de postos do mercado semanal na vila meca | D.A

O Concello do Grove vén de redactar unha nova ordenanza para regular a actividade do mercado semanal e a venda ambulante en xeral ao carecer dunha normativa específica ao respecto. Ademais, estuda a posibilidade de facer permanente o seu traslado ao paseo de Beiramar, durante o verán e como xa se probou o pasado ano, e tamén a viabilidade de ocupar as 20 prazas que foron quedando vacantes nos últimos anos.


No pasado, o goberno local xa mostrara a súa intención de elaborar unha normativa concreta porque referente á venda ambulante só existe a ordenanza que regula as taxas fiscais a pagar por ocupación de terreos e outra referida ás vendas da colareiras. De feito, o concelleiro de Mercados, Juan Ramón Outeda, sinala que é unha “ferramenta moi necesaria” tanto para que os propios ambulantes coñezan os seus dereitos e deberes como para que o Concello e a Policía Local poidan realizar os oportunos controis co obxectivo de ter unha actividad regulada. Deste modo, establécense horarios de montaxe e desmontaxe, que serán diferentes para o verán e o invierno; a obriga de deixar o entorno limpo unha vez rematada a xornada, aínda que o Concello dispón dun limpiador para os restos que puideran quedar; tamén os prazos para a renovación do permiso, etc.


Presentación á oposición


Segundo o edil, o documento, que está na fase final de exposición pública, foi presentado aos partidos da oposición, analizandóo artigo por artigo e coa presenza da Policía Local, un dos técnicos partícipes na súa elaboración. De feito, están á espera doutro estudo para tomar outras decisións con respecto ao mercado semanal como é a posibilidade de ofertar as prazas vacantes que foron quedando cos anos e que, calcula, suman unha veintena, aproximadamente. 


Esta decisión depende tamén doutras cuestións pois, como recordou o concelleiro, os terreos onde se desenrola a actividade son de titularidade de Portos de Galicia. E tamén con respecto a úbicación, non desbotan mantener a experiencia realizada o pasado verán de trasladar os postos que non son de alimentación cara Confín e Peralto, dinamizando tamén esa zona. 


Establece un horario, a obriga de deixar limpo o entorno e outras cuestións que non tiñan marco normativo 

propio


Outeda sinala que resultou “positiva” sobre todo tendo en conta que na actual, nas inmediacións da lonxa e da praza, onde só quedaron os postos agroalimentarios, se ocupan prazas de aparcamento, festéxanse actos de celebracións tan importantes como o Marisco ou o Carme e ademáis a súa retirada daría más fluidez á circulación neste punto. Con todo, asegurou que o traslado sería únicamente para á tempada estival e, en todo caso, aínda non se tomou unha decisión definitiva. 


O concelleiro espera levar a nova ordenanza a pleno para a súa aprobación o antes posible e, en todo caso, dependerá de se se presentan alegacións nestes días de exposición pública. 

O Grove elabora unha ordenanza para regular a actividade do mercado semanal e a venda ambulante

Te puede interesar