O Arousana consuma o seu descenso virtual ao perder contra o Monte

O Arousana consuma o seu descenso virtual ao perder contra o Monte
Belén, autora do gol do Arousana, controla o balón durante o encontro | GONZALO SALGADO

ATLÉTICO AROUSANA 1- 2 CD MONTE

O Atlético Arousana certificou o seu descenso virtual onte ao perder na Lomba co Monte cántabro por 1-2. Un resultado que deixa ás de Vilagarcía con 19 puntos na táboa a falta de tres partidos, 9 puntos menos dos que suma o Sporting B, ao que lle faltan por xogar 4 partidos. Xa só un pleno de triunfos do Arousana unido a un pleno de derrotas do filial sportinguista é a única esperanza á que se pode aferrar o equipo de Vilagarcía para poder seguir na categoría. O certo é que onte ao equipo de Nando González escapóuselle o partido en só dous minutos ao encaixar dous goles cos que o Monte volteou o tanto que marcara Belén mediada a segunda metade. 


Belén adiantou aos locais mediada a segunda metade, pero as cántabras remontaron na Lomba en apenas dous minutos


O partido foi moi nivelado, con chegadas e ocasións para os dous equipos. O Arousana fixo o máis importante ao adiantarse no marcador no minuto 64. Irene fixo unha moi boa acción en defensa e deulle continuidade ao iniciar a contra cun balón sobre Miri Señoráns, que progresou pola banda esquerda e puxo o balón ao área para que Belén, moi oportunda, chegara antes que as defensas, salvase a saída da portería e marcase a porta baleira.


Xa no último cuarto de hora chegou a xogada do empate. O Arousana perdeu un balón en defensa e Sara Campo adentrouse en área para marcar de certero remate coa zurda. O 1-1 deixou moi tocado ao equipo de Vilagarcía, que só dous minutos despois encaixou o definitivo 1-2. Foi nunha xogada por banda esquerda coas mesmas protagonistas. Se no empate roubou Paula Lavín e asistiu a Sara Campo, no 1-2 foi Campo a que centrou e Lavín marcou de cabeza libre de marca no primeiro pau.

O Arousana consuma o seu descenso virtual ao perder contra o Monte

Te puede interesar