Vimos estes días como moitas persoas deixaban atrás o seu país e as súas familias (quen as tiña), e botábanse ao mar para cruzar a outro país sen mais pertenzas que a roupa húmida. Quen fai iso non é un invasor, un inimigo ou un problema. Asómbrame canto lle gusta a algunha xente falar en términos de guerra, sobre todo aos que nunca estiveron nunha.
Pero non é banal nin casual que se usen esas palabras. Construír un relato no que unha persoa é un invasor e hai que poñerse en pé de guerra xustifica todo o demais, porque nas guerras todo vale e defenderse é a prioridade. Todo lles vale aos que cren que hai persoas de primeira e de segunda. Por iso, fronte á miseria de quen quere transformar isto nunha ferramenta de odio é imprescindible acoller, abrir os brazos, e non poñer ningún “pero”. Ningún. Porque ningunha persoa é ilegal, e ningún drama humano debe sernos alleo. Porque as decenas de soldados, voluntarios, traballadores de ONG, traballadores públicos e veciños que botaron unha man para axudar a persoas estes días en Ceuta son o meu país. E eu, desde país, síntome orgulloso.
Volverá a pasar, porque os problemas diplomáticos serán complexos e non os vamos a resolver vostede nin eu. Pero estou seguro de que si que podemos coincidir en que unha persoa que está a punto de morrer afogada necesita todas as mans posibles para sacala do auga, un hombreiro no que chorar, alguén a quen abrazar, mantas e un prato quente. E, a partir de aí, o demais. Se alguén non comparte isto, ten un problema grave.
Se cadra o drama que Marrocos provocou en Ceuta sirve, tamén, para que os que nos consideramos primeiro mundo sexamos dunha vez conscientes de que temos un problema de podredumbre moral instalada nalgúns lugares da nosa sociedade. Que o odio non sepulte a humanidade de tantos, que a ruindade non se estenda. Esa si que é a nosa responsabilidade.