La participación de Forte dependerá de su estado físico antes del encuentro jorge meis

La participación de Forte dependerá de su estado físico antes del encuentro	jorge meis
Diario de Arousa-2014-05-17-002-0637e540

Os argumentos esgrimidos polo Concello de Vilagarcía durante o proceso xudicial para recuperar o Balneario da Compostela poderían ser un arma de dobre filo para a administración local. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificou en parte o fallo anterior ditado polo Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra, en concreto no refetente á imposibilidade de executar as sentenzas anteriores que daban a razón á antiga concesionaria.
E son precisamente as alegacións de Ravella as que poderían ser utilizadas na súa contra en caso de que o gabinete de Tomás Fole decidise poñer en marcha un complexo hostaleiro neste lugar, obxectivo no que onte se ratificou o propio alcalde, xa que o que argumentan os servicios xurídicos do Concello é que non poden devolverlle as instalacións a Placomsa no seu estado orixinal porque foron reformadas para acoller un centro de ocupación e emprego.
Un argumento que acepta o tribunal que sinala na sentenza que \“o Concello non podería poñer á concesionaria en posesión daquelo que no seu día lles entregou para o desenrolo dunha concesión que tiña unha finalidade moi concreta posto que o edificio foi modificado sustancialmente tanto desde o punto de vista estrutural como na súa disposición, ao adaptarse ao novo destino para o que está previsto e non servir para o anterior\”.
Por elo, cabe deducir que en caso de que o Concello decida recuperar o uso hostaleiro do Balneario estaría incumprindo cos seus propios argumentos no proceso xudizal que rematou cunha sentenza firme do TSXG que, nembargantes, só lle da a razón en parte.
E que o fallo estima parcialmente o recurso de Placomsa no senso de que estima oportuno indemnizar á concesionaria pola inexecución da sentenza e insta ao Contencioso a iniciar un incidente para fixar a suma correspondente. \“Non cabe facer unha total equiparación entre o que se indemniza no xustiprezo fixado e a indemnización que ha de sinalarse como consecuencia da declaración de inexecución da sentenza\”, sinala a sentenza do TSXG que engade que esta cantidade económica podería ser, por exemplo, para resarcir \“danos morales\” e \“gastos procesales\”.

La participación de Forte dependerá de su estado físico antes del encuentro jorge meis

Te puede interesar