Os pequenos monstros dos anos 80 protagonizan a edición 2021 do Festival Curtas

Os pequenos monstros dos anos 80 protagonizan a edición 2021 do Festival Curtas
Imaxe do cartel do Festival do Imaxinario Curtas 2021 | flavio greco

Os pequenos monstros dos anos 80 son os protagonistas do cartel promocional do Curtas Festival do Imaxinario que este ano asina o arxentino Flavio Greco Paglia. Así pois no poster aparecen aquelas criaturas que non faltaban nos videoclubes da década dos 80 coma os Gremlins, os Critters ou os Ghoulies.


O autor do cartel sinala que “cuando Curtas me invitó a realizar la imagen para este año pensé que tenía que ser divertida, sentirse honesta con los personajes y su carácter y aprovechar la localización de Vilagarcía en favor de la narración”. Pola súa banda o director do festival, Luis Rosales, comenta que “queriamos que a imaxe evocas aquelas carátulas das películas de videoclube que tantas horas de diversión nos aportaron aos fans do xénero nos 80 e que á vez funcionase como unha invitación para que todos eles se acheguen a gozar desta festa do fantástico que é Curtas Festival do Imaxinario”.


Os pequenos mostros aparecen nunha imaxe marítima, emulando así unha das características de Vilagarcía. A maiores o dúo norteamericano “Dance with the Dead” pon a banda sonora ao póster.


Un novo apartado

A maiores Curtas Festival do Imaxinario presenta Zona Prohibida, un novo programa temático no que se falará de todo o relacionado co cinema fantástico e que pode seguirse a través da canle de Youtube do Curtas Fest. En todo caso, e sendo como é un festival cun apartado de concurso, dende a organización lembran que ata o 1 de xullo está aberto o prazo para presentar as longas e as curtas para as diferentes seccións competitivas dun festival que, se todo vai segundo o previsto, se celebrará do 22 ao 31 de outubro deste mesmo ano con entrada gratuíta.

Os pequenos monstros dos anos 80 protagonizan a edición 2021 do Festival Curtas

Te puede interesar