Un ascenso por Manolo

O Arosa conseguiu o tan ansiado ascenso. Moitos anos perseguindo este obxectivo que se foi escapando ata este domingo 20 de xuño de 2021 que xa queda marcado na história do clube. E si hai unha persoa que merecía este ascenso esa é Manolo Abalo. Teño o pracer de coñecer a Manolo desde hai moitos anos e sei do seu arosismo, do seu altruísmo e do seu amor polo fútbol. Un fútbol ao que Manolo leva dado tanto durante tantos anos a pesares de que o fútbol lonxe de agradecerllo deulle respostas contradictorias. Foron varios os golpes recibidos, e con dureza, pero non suficientes para baixar os brazos dunha persoa que hoxe por fin recibe o premio que tanto merece.

Estou seguro que xogadores, técnicos e afeccionados do Arosa pensaron en Manolo tan pronto como acabaron o partido e acadaron o ascenso. Todos recibiron sempre o cariño e un trato exquisito por parte de Manolo, unha desas persoas que sempre pon por diante o benestar dos demais ao seu propio.

O ascenso a 2ª RFEF era un premio de gran calado. Arenteiro é Bergantiños xa alcanzaran ese obxectivo e agora sumouse o Arosa. Un trío de equipos aos que felicito e trasládolle os meus mellores desexos Tamén felicito a todos os que o tentaron pero non puideron conseguilo.

Manolo, ninguén máis que ti merecía esta alegría. A túa xenerosidade e solidaridade e o teu compromiso co Arosa e co fútbol vense agora recompensados. Todo o arosismo está en débeda contigo. Colleches un club enfermo na UVI e agora xa o tes donde soñabas. Por diante queda agora un novo reto igual de complicado pero máis ilusionante ainda, si cabe. Un reto seguro que cheo de obstáculos pero iso a ti non te vai parar. Estás curado de espanto.

Moita sorte e Parabéns manolo!!!

Un ascenso por Manolo

Te puede interesar