A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais detectado no río do Con

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais detectado no río do Con
Un vertido anterior no río do Con ao seu paso polo centro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaba de eliminar un punto de vertido de aguas residuais no río do Con. A intervención levouse a cabo no marco dos traballos de inspección do persoal do Plan de Control de Vertidos, dependente da entidade Augas de Galicia, e despois de que se recibise unha alerta de vertido no servizo do 112.


Os técnicos de Augas de Galicia desprazáronse ao lugar para realizar as pertinentes comprobacións. Foi aí cando se detectou a orixe do foco contaminante que viña dunha filtración de auga residual cara a rede de auga de pluviais, xusto dende o colector de saneamento. O persoal da Xunta puxo a situación de forma inmediata en coñecemento do Concello de Vilagarcía co obxectivo de que levase a cabo as actuacións necesarias para enmendar o punto de vertido.


Os técnicos municipais realizaron, así pois, un reforzo do pozo de rexistro da rede de augas pluviais no cal penetraban augas residuais. Nunha nova inspección efectuada no lugar por parte do persoal de Augas de Galicia, que procedeu tamén a realizar unha nova mostraxe, confirmouse que as actuacións do Concello permitiron o cese do vertido de augas residuais ao río.


Os vertidos son o talón de Aquiles deste regato vilagarcián dende hai xa anos.

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais detectado no río do Con

Te puede interesar