Alberto Blanco ficha polo Lokomotiv de Krasnodar

Alberto Blanco ficha polo Lokomotiv de Krasnodar
Blanco afronta un novo reto na súa extensa carreira profesional | j. l. o.

O vilagarcián Alberto Blanco acaba de dar un paso máis na súa carreira deportiva, fichando polo Lokomotiv Kuban de Krasnodar, da Primeira División rusa.


O técnico asume a responsabilidade de ser adestrador principal do segundo equipo, un clube de xogadores mozos en formación, cargo no que o principal obxectivo será que poidan dar o salto ó equipo que xoga na liga VTB (na que participan Rusia, Xeorxia, Ucraína, Polonia eu Estonia) e na EuroCup.


Blanco explicaba onte en que vai consistir o seu traballo e as perspectivas coas que se enfronta a el: “Sería como se estivera nun Real Madrid B ou nun Barça B. Son consciente de que o obxectivo do clube non está en gañar, que posiblemente gañemos moi poucos partidos na tempada, senón en formar un montón de xogadores que son internacionais por Rusia Sub20 e Sub18 para que dean un paso máis para poder xogar na seguinte fase”.


O técnico amósase consciente da responsabilidade que asume, pero tamén ilusionado: “É un clube grande de Europa, e a liga rusa está entre as 10 ou 12 primeiras de Europa en canto a número de xogadores, capacidade económica, etc. Buscaban entrenador que se atrevera a xogar unha competición sénior con xente nova e eu non teño ningún medo a iso”. Cómpre lembrar que en Bratislava, Blanco puxo na pista a xente de 16 anos, “sabendo que tiña que perder partidos pola inexperiencia”.


Blanco tamén destaca o feito de que a liga rusa é moi extensa, composta por 17 ou 18 equipos, dos que o máis cercano a Krasnodar está a 1.500 quilómetros e incluso algún se atopa a 9.000 quilómetros.

Tras rematar o seu periodo na selección de Eslovaquia, Blanco recibiu varias ofertas laborais, se ben explica que a decisión de aceptar a rusa foi difícil por afrontar un reto tan complexo, pero “non dubidei. Quero dar un paso máis na miña carreira, seguir medrando e atreverme. Outra temporada máis elixín o que me pareceu máis interesante”, aínda que iso o leve a ser o primeiro español que adestra en Rusia nese nivel. Ademais, esta será a primeira vez que o Krasnodar conte cun equipo B na 1ª División.

Calendario


En canto a datas, o próximo xoves Blanco ten que estar xa en Rusia, xa que o día 30 comezan a adestrar. Por diante, dous meses de traballo de pretemporada. Para o inicio de temporada aínda non hai datas fixas, seben podería comezar a última semana de setembro. Pero antes disputarase a Copa Rusa.

Alberto Blanco ficha polo Lokomotiv de Krasnodar

Te puede interesar