Moraña rendeuse ao seu produto gastronómico estrela: O Carneiro ao Espeto

Moraña rendeuse ao seu produto gastronómico estrela: O Carneiro ao Espeto
O suculento manxar degustouse nos fogares despois do reparto de lotes | gonzalo salgado

Dende moi cedo Moraña arrecendía onte a gastronomía da boa. E a festa, a moita festa. Cada último domingo de xullo os morañeses dano todo de si para gozar dunha festa que ten o distintivo de Interese Turístico Galego e á que nin a pandemia do coronavirus foi quen de frear. Ducias de carneiros cociñáronse “ao espeto” dende primeira hora para satisfacer os paladares daqueles que novamente se teñen que conformar con degustar o rico manxar nas súas casas. As medidas sanitarias obrigaron a cancelar por segundo ano consecutivo a gran comida da Carballeira, pero Moraña logrou vender todos os lotes dispoñibles o que certifica que -aínda que con restricións- o Carneiro segue moi vivo en con ganas de volver a ser multitudinario.


Ademais de cos voluntarios dándoo todo frente aos fogóns a cita festiva tamén arrancou con pasarrúas dende as once da mañá a cargo da charanga Os Encerellados. Unha boa forma de dar ambiente e de animar aos veciños a saír á rúa a gozar das actividades previstas. Foi ao fío das doce e media da mañá cando o laureado actor galego Luis Zahera puxo o toque de humor á cita festiva. Espectáculo previo á recollida dos lotes ben preparadiños (nos que non faltaban empanadas, viño e augardentes) para ser degustados en familia. O entorno do edificio Multiusos converteuse nun auténtico “McCarneiro” como sistema que xa funcionou moi ben a pasada edición.


O temor dos morañeses e da organización sobre a meteoroloxía quedou en nada a media mañá cando comezou a relocer o sol e cunha temperatura idónea para unha abundante comida.


Xa á tardiña a música das Tanxugueiras puxo o broche de ouro a unha celebración que converte a Moraña no epicentro da vida gastronómica da comarca As peñas puxeron o toque de camaradería e color a unha celebración que sempre se goza en compañía de familiares e dos bos amigos.

Moraña rendeuse ao seu produto gastronómico estrela: O Carneiro ao Espeto

Te puede interesar