Saber ser un “Ex”

Hai un tempo dicíame un bo amigo que non atende a ningunha entrevista de políticos en activo, pero que trata de seguir todas as de expolíticos, porque son moito máis interesantes e porque, según el, “contan a verdade”. É posible que esa impresión esté bastante estendida, e case que parece que aos periodistas resúltalles máis atractivo entrevistar a un “ex” que a un “activo”, porque seguro que da máis titulares.


Obviamente o impacto dos medios, das redes sociais ou de internet, fai que a comunicación política sirva como parapeto para defenderse, e termínese por usar frases feitas, discursos milimetricamente escritos e respostas automatizadas. As entrevistas a moitas das primeiras figuras da política hoxe non dan para exprimir nada que non esté nos argumentarios dos partidos. Ocurre isto, tamén, porque poucos espazos existen hoxe que permitan expresar ideas reflexivas ou aportacións transversáis. Difícil moverse nun mundo no que prima un tuit ou unha frase rechamante nun titular (e se provoca conflito, mellor).


Entre todos temos construído un sistema monótono e tedioso. Pero son entón os “ex” os que dinamizan e convírtense en protagonistas... ou se cadra é que son determinados “ex” os que teñen gusto por volver a aparecer. Zapatero e Suárez son, probablemente, os mellores expresidentes de España. Golpeado como saco de boxeo un e manoseado ata o ridículo o outro ambos representaron, dende distancias ideolóxicas e temporais notorias, unha maneira de entender que todo o que digan poderá, ao contrario que nas películas americanas, ser utilizada na contra de outros. É por iso habituaron a calar moito máis do que falaron. Porque tampouco debemos facernos os despistados e debemos ser conscientes que un expolítico dese nivel sabe, sen ápice de dúbida, que o que diga vaise interpretar, ler entre liñas e utilizar. Cando un di certas cousas, sabe o que di e sabe o que repercutirá.


Se cadra hai que aprender a valorar, tamén, que un valor moi importante na práctica política está en non radiar as negociacións, en non preocuparse máis da forma que do fondo e en facer moito traballo que non se ve. Por iso é tamén moi importante respectar aos que, cando un marcha, quedan facendo iso mesmo que ti facías antes. Así é moi posible que debamos esixir máis naturalidade, profundidade e franqueza aos cargos políticos, si. E tamén aceptar que se un tivo a oportunidade de recibir confianza e tomar decisións, non é boa cousa aproveitarse delo para a autopromoción.

Saber ser un “Ex”

Te puede interesar