Votar mal

i Mario Vargas Llosa, como outros dixeron antes, que o problema é que “a xente vota mal”. O premio Nobel engade, ademais, que o problema non é a liberdade senon decidir ben.
Esto de votar ben debe ser como a “xente de ben”, aínda que neste caso non escoitei dicir que hai “xente de mal” pero supoño que existiremos tamén. A cousa está que a xente equivócase, erra e toma decisións que non valen. Por iso é importante ensinarlles, e que os que teñen mentes lúcidas e clarividentes expliquen o que está ben o que está mal claro. Porque a ninguén se lle ocorrerá pensar que imos deixarlle a calquera a inxente tarefa de explicar o que está ben o que está mal.
O que non entendo é por que non lle deixamos a Vargas Llosa (ou aos que cren que os que non te dan a razón son ignorantes) que elixa o voto por nos ou, mellor aínda, que non teñamos que esforzarnos os demais e xa el e a súa corte de bos votantes que decidan quen, como e para que gobernar. Porque, ao final, esa é a cuestión. Que hai gobernos bos e lexítimos, e os demais non o son. E por iso a xente ten que entender que solo é digna cando deixa o poder en mans dos lexítimos posuidores da verdade. Vargas Llosa será un deles, claro.
Poucas cousas dan máis medo que aqueles que teñen a razón na man e están entre nos para purificarnos e facer as cousas que nos merecemos. Son eles quen as fan porque os demais non sabemos, non podemos ou non estamos preparados. Porque a xente vota mal. Porque é idiota, que é o que lle faltou a Vargas Llosa dicir (que o pensa xa é obvio). E que máis da se hai liberdade ou non, que non vaia ser que a xente sexa verdadeiramente libre para decidir (información plena e plural, igualdade de oportunidades, nivel de vida digno…) e entón acaben decidindo mal.

Votar mal

Te puede interesar