O Concello de Meaño abre as inscricións para a XXXIX edición da Carreira Popular que se celebrará o domingo 14 de setembro. As persoas interesadas poden inscribirse sen custe na plataforma www.deporticket.com e o prazo remata o martes 9 de setembro ás 23:59 horas.
A proba contará con tres circuítos de diferentes distancias. O longo, de 6.330 metros para as categorías cadetes, séniors y veteráns. O mediano de 1.600 metros para infantís e alevíns. E o curto, de 1.070 metros, para benxamíns e prebenxamíns. Tamén haberá un circuíto simbólico de 100 metros para os “chupetes”, nenos e nenas nados no ano 2021 ou posteriores, que non ten carácter competitivo, só ten por obxecto fomentar o deporte entre os máis pequenos. Tamén se levará a cabo a Andaina non competitiva, sobre un circuito de 3,5 quilómetros.
A Popular de Meaño repartirá importantes premios. Os gañadores masculino e femenino levarán 300 euros e o seu peso en botellas de viño Paco & Lola. Os segundos, 200 euros e unha fin de semana para dúas persoas no hotel con encanto Quinta de San Amaro. Os terceiros, 100 euros e unha cesta de productos típicos galegos do Supermercado Lage. Ademais, entregaranse trofeos ás tres primeiras persoas clasificadas empadroadas no Concello de Meaño, así como as atletas máis veteranos.
A saída do circuito mediano e circuito curto será ás 10.45 horas, mentras que a saída do circuito longo e da andaina está programado paras as 11 horas. Na última edición, o illense Pablo Otero e a gardesa isleño Eva Piñel acadaron o triunfo nun evento no que participaron medio millar de atletas entre todas as categorías.