O Breogán conquista o Campionato Galego de Barco Dragón

O Breogán conquista o Campionato Galego de Barco Dragón
Un total de 26 deportistas formaron as tripulacións do Breogán que triunfaron no Autonómico de Barco Dragón / Cedida

O complexo turístico do Corgo en Muiños (Ourense) acolleu o sábado o Campionato Galego de Barco Dragón 200 metros, no que o Breogán de O Grove foi o gran protagonista ao lograr cinco títulos e un subcampionato autonómico. Foron sete as tripulacións das Centolas e Centolos que competiron en Ourense, logrando uns resultados que deron ao clube grovense o título de campións galegos de Barco Dragón 200 metros.

Barco Dragu00f3n
 


Os triunfos chegaron nas categorías muller Sénior DB12, muller Veterana DB12, open sénior BD12, open Veterano DB12 e open Veterano DB22. Ademais o Breogán foi subcampión en mixto Veterano DB12 e ocupou o cuarto posto en mixto Veterano DB12.

Piragagu00fcismo
Piragagu00fcismo


Estas tripulacións completáronse con un total de 26 deportistas: Patri Núñez, Meli Vidal, Mª José López, Fatima Barreiro, Mara Núñez, Mari Serantes, Maika Aguiño, Mª Carmen Aboal, Mari Meis, Mili Piñeiro, Isabel Agrelo, Maite Galiñanes, Alicia Barreiro, Elisa Filgueira, Minia Barreiro, Antonio Silva, Antonio Devesa “Tolín”, Javi Blanco, Rufino Garrido, Félix Lamas, Cristian Ribademar, Rubén Rodríguez, Joaquín Triñanes, Fredi Bea, Miguel Benavides e Diego García. O equipo que estivo dirixido polo técnico José Luis Otero Padín.

O Breogán conquista o Campionato Galego de Barco Dragón

Te puede interesar