O complexo deportivo David Cal de Verducido acolleu o Campionato Galego Barco Dragón sobre a distancia de 500 metros, no que as Centolas e Centolos do Breogán do Grove presentaron un total de trece barcos, sendo os dominadores da competición ao acadar o título de campeóns galegos por clubes, conseguindo un total de nove medallas (tres ouros, tres pratas e tres bronces).
O Breogán gañou en open sénior DB22, en muller veterana DB12 e mixto sénior DB12. Foi subcampión en mixto sénior DB12, muller sénior DB12 e Open veterán DB12. Mentras que os bronces chegaron en open sénior DB12, Open veterán DB12 e mixto veterán DB12. O Breogán quedou campión galego con un total de 363 puntos, segundo foi Verducido con 219 puntos, e terceiro Cabanas KDM con 208 puntos.
O clube grovense suma este título ao acadado en Muiños (Ourense) na distancia de 200 metros, polo que marcha na primeira posición da Liga Galega de Barco Dragón, a falta de celebrar o Campionato Galego sobre 2.000 metros, que será en Boiro en agosto.
Para esta proba desprazaronse máis de corenta centolas e centolos: Uxía Pallares, Mili Piñeiro, Isa Agrelo, Ana Corral, Elisa Filgueira, Maika Aguiño, Fátima Barreiro, Belén Álvarez, Mara Núñez, Marta Mourelos, Sandra Leira, Meli Vidal, Yoli Pallares, Ali Barreiro, Mari Meis, Mari Serantes, Elisa Rey, Eva Orellana, Martina Fontán, Mª Carmen Aboal, Antía Rodríguez, Patricia Núñez, Ana Valladares, Antonio Devesa “Tolín”, Javi Blanco, Diego Abalo, Fredi Bea, Diego Cabaleiro, Félix Lamas, Simón Díaz, Cristian Ribademar, Rufino Garrido, Edi Benavides, Pablo Veiga, Joaquín Triñanes, Borja Lamas, Iván Treinta, Ton Bea, Miguel Fdez. Castro, Antonio Silva, Hugo Mougan e Rubén Rodríguez. A expedición estivo encabezada polo técnico José Luis Otero Padín, asistido por Miguel Otero.