O Campionato Galego de Rallymix chega a Cuntis esta fin de semana

O Campionato Galego de Rallymix chega a Cuntis esta fin de semana
O trazado conta con 14 kilómetros de extensión

O Concello de Cuntis convertirase esta fin de semana nun dos epicentros do automobilismo autonómico coa celebración do seu xa tradicional Rallymix, que chega a súa sexta edición. Protagonistas da semana por un espectacular spot promocional que se fixo viral nas redes galegas, a proba pontevedresa contará con máis de 90 equipos inscritos, o que confirma o bo estado de saúde da modalidade.
Na clase A, Javier Ramilo e Alfonso “Pisko” Ventín parten como favoritos, nun elenco de participantes que chega novamente as catro decenas. Os carcross, sempre espectaculares, son un dos alicientes deste formato competitivo, tanto pola súa espectacularidade como velocidade. Tamén parten con opcións de triunfo o asturiano Abel Jurado, Sergio Fernández ou Víctor Fernández, entre moitos outros.
Na clase B todos os ollos estarán postos na loita polo triunfo entre Manuel Osorio e Alberto dos Reis e Francisco Dorado e Andrea Lamas, no Skoda Fabia R5 e o Volkswagen Polo R5. A nota de cor desta edición do Rallymix de Cuntis será a estrea do novo Mg Metro con motor de moto de Darío Calviño e Raquel Rodríguez.
Na Copa K6 Pirelli, Omar López e Álvaro Cerqueiras parten en cabeza, con outros oito equipos procurando o triunfo neste formato promocional, o mesmo que sucede coa Copa Pontevedra-Ulla-Umia-Salnés, na que haberá máis dunha ducía de equipos inscritos.
O trazado será o máis longo do curso no Rallymix, con case 14 kilómetros de extensión e comezo este sábado 23 de setembro ás 11:30 horas coa primeira manga. As dúas seguintes serán xusto a continuación. Para o domingo, a partir das 09:00 horas, turno para as dúas mangas restantes.
 

O Campionato Galego de Rallymix chega a Cuntis esta fin de semana

Te puede interesar