O CJ Cambados ficha ó centrocampista redondelán Manuel Rancaño

O CJ Cambados ficha ó centrocampista redondelán Manuel Rancaño
Ranca xogou no Choco e no Pontevedra B / M.F.

O CJ Cambados anunciou a fichaxe de Manuel Rancaño Miguez, “Ranca”, xogador con experiencia en Terceira que chega a Burgáns despois dun ano sen xogar por incompatibilidade cos estudos.  Ranca ten 25 anos e é natural de Redondela. Formouse no Choco, onde debutou co primeiro equipo con 18 anos. Estivo tres campañas en Terceira co equipo de Santa Mariña e logo pasou ao Pontevedra B, co que ascendeu de Preferente e xogou un ano en Terceira na tempada 2023-2024, acumulando  case 2.400 minutos de xogo en 31 partidos de liga.


“Vén aportar valor e experiencia na categoría tras o seu paso polo Pontevedra B”, apuntan dende a entidade. Actúa no centro do campo na posición de pivote e ven para suplir a Paco, que deixou o equipo. Ranca é a décima fichaxe do CJ Cambados, que xa conta con 22 futbolistas. Súmase a Noel, André, Gregor, Nico, Anxo, Rodri Vázquez, Alberto Lago, David Conde e David Pérez na lista de altas, xunto a canteirán Joel. 

O CJ Cambados ficha ó centrocampista redondelán Manuel Rancaño

Te puede interesar