Corenta rapaces adestran no campus do Valencia

Corenta rapaces adestran no campus do Valencia
Participantes no campus de fútbol do Valencia en Valga | cedida

Corenta e tres nenos e mozos, de entre 6 e 18 anos de idade, danse cita esta semana no campo municipal de Baño para participar no campus de fútbol organizado entre o Cordeiro e o Valencia C.F. É a segunda edición desta actividade, que deu comezo onte e se prolongará ata o sábado, con dobre sesión de adestramento cada día dirixidas por Rafa Murgui, adestrador da escola do Valencia C.F. O obxectivo é “intentar implantar a nosa metodoloxía e exportar o noso modelo, baseado no lema ‘Educar persoas, formar futbolistas’. Que os nenos o pasen ben con nós a través de adestramentos individualizados nos que terán moito contacto co balón”. Nas sesións desenvolverán diferentes tarefas para mellorar as súas habilidades técnicas e tácticas e, ao remate de cada xornada, disputarán un partido no que por en práctica as aprendizaxes adquiridas.


José Ramón Seco, presidente do Cordeiro, destaca que trala experiencia inicial do ano pasado, “o Valencia amosou moito interese en poder repetir”, como tamén confirma Rafa Murgui: “O ano pasado rematamos encantados". 

Corenta rapaces adestran no campus do Valencia

Te puede interesar