A Deputación da Coruña distingue ao Club de Remo Cabo de Cruz na Gala dos Premios do Deporte

A Deputación da Coruña distingue ao Club de Remo Cabo de Cruz na Gala dos Premios do Deporte
alentín González Formoso (na segunda fila, no centro da imaxe) posa con algúns dos premiados que acudiron á gala celebrada no Teatro Colón / DA

O Teatro Colón acolleu a segunda edición dos Premios do Deporte da Deputación da Coruña, nos que a institución provincial distingue ás persoas e entidades que destacan pola súa traxectoria deportiva, logros ou contribución ao fomento da práctica deportiva.

 

O premio á mellor entidade na promoción do deporte base foi para o Club de Remo Cabo de Cruz, que representa a Galicia na Euskolabel Liga e na Liga Euskotren de traiñeras. Cabo proclamouse a semana pasada en Moaña campión de 1 Liga Galega de Bateis con triunfos nas categorías infantil, Cadete e Sub 23 feminino e Cadete masculino.

Na Gala Provincial tamén foron premiados O Gran Camiño (mellor evento deportivo), a Fundación Abrente, creadora do proxecto ENKI (mellor entidade na promoción do deporte inclusivo), os atletas Esther Pedrosa e Iván Morales (mellores deportistas veteráns),  Javier Iglesias Villanueva (mellor árbitro), Lino López (mellor adestrador),  Iago Fuertes Leonardo e Digna Silo Mangue (mellores deportitas de base),  Damián Ramos e Lorena Bermúdez Doce (mellores deportistas con diversidade funcional), e Víctor Senra e Belén Toimil (mellores deportistas).

Houbo catro mencións especiais que recaeron no Centro Penitenciario de Teixeiro, que conta cun gran abano de actividades e programas deportivos; en Caetano Horta Pombo, remeiro noiés que xa ten pasaporte aos seus segundos Xogos Olímpicos; o Racing de Ferrol, club que ascendeu a Segunda División e Vero Boquete, unha referente do fútbol feminino mundial. Tamén proxectouse un vídeo de recordo e homenaxe Amancio Amaro, Luis Suárez e Arsenia Iglesias. 

A Deputación da Coruña distingue ao Club de Remo Cabo de Cruz na Gala dos Premios do Deporte

Te puede interesar