O Grove homenaxea ao Breogán polos seus títulos galegos en Barco Dragón

O Grove homenaxea ao Breogán polos seus títulos galegos en Barco Dragón
Deportistas que forman os Centolos e as Centolas do Breogán posan diante do Concello| da

A corporación municipal do Grove recibiu na Sala das Cunchas do Concello ao equipo das Centolas e Centolos do CMDC Breogán do Grove, para rendirlles homenaxe polos grandes resultados que están obtendo no que vai de temporada. O alcalde José Cacabelos alabou o “gran traballo” que está a facer o Breogán nesta modalidade do piragüismo, tanto a nivel social, como deportivo. 

Piragu00fcismo
 

No que vai de temporada o clube na península meca acadou dous títulos de campion galego de Barco Dragón, un deles na competición disputada en Muiños (Ourense) na distancia de 200 metros, e outro esta pasada fin de semana en Verducido na distancia de 500 metros.


A nivel nacional, o Breogán tamén participou na Copa de España de Barco Dragón de 200 e 500 metros, donde obtivo o título de subcampión nacional.


Tamén cabe destacar o número de persoas que está movendo o Breogán no barco dragón, sin ir máis lonxe na proba do pasado fin de semana en Verducido estiveron presentes ata 42 deportistas.

Breogu00e1n
 


Durante o acto o alcalde fixo entrega dun agasallo en recordo deste homenaxe, que foi recollido pola directiva e membro das Centolas, Uxía Pallares. Dende o goberno local animan aos deportistas a continuar gozando e traballando duro nesta modalidade do piragüismo.

O Grove homenaxea ao Breogán polos seus títulos galegos en Barco Dragón

Te puede interesar