A “Travesía a nado Praia de Coroso” chega o venres a súa trixésima edición

A “Travesía a nado Praia de Coroso” chega o venres a súa trixésima edición
Xabier Vidal, Juan Carlos Ageitos e María Villar presentaron onte a travesía | da

O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, a presidenta do Club de Natación Ribeira, María Villar, e o adestrador do club, Juan Carlos Ageitos, presentaron onte a Travesía a Nado Praia de Coroso, que chega a súa trixésima edición. Terá lugar este venres 15 de agosto a partir das 11 horas da mañá. Xa hai maís de cen inscritos e o prazo remata hoxe as 23:59 horas na web de Galitiming.


As distancias serán de 2.500 metros para nados 2009 e anteriores; 1.250 para nados no 2013 e anteriores; 400 metros para nados 2014 e posteriores e 150 metros aproximadamente para nados en 2015 e posteriores (non competitiva). As categorías por ano serán, Benxamín 2015 e 2014, Alevín 2013 e 2012, Infantil 2011 e 2010, Xunior de 2009, 2008 e 2007, Absoluta de 2006 a 1995, Master 1 de 1994 a 1980, Master 2 de 1979 a 1965, Master 3 de 1964 e anteriores. Haberá medallas e trofeos e tamén premios económicos na categoría absoluta, de 200, 150 e 100 euros, tanto masculino como feminino.


Ageitos anunciou que “neste ano como novidade polo noso 30º aniversario, incluiremos unha proba de Remudas Mixtas de 400 metros. Cada remuda deberá constar de 4 nadadores nados no 2014 e anteriores, é deberá constar polo menos dunha nadadora".
 

A presidenta do Club Natación Ribeira, María Villar agradeceu “un ano máis e neste especialmente xunto á concellería de Deportescolaboración do Concello de Ribeira”. Destacou especialmente a incorporación da categoría inclusiva nesta trixésima edición; nos parece moi importante que as persoas con diversidade funcional poidan participar na travesía”. par rematar animou aos veciños e veciñas a inscribirse na travesía e especialmente este ano invitou ás persoas con diversidade na categoría inclusiva.

A “Travesía a nado Praia de Coroso” chega o venres a súa trixésima edición

Te puede interesar