O Campo Municipal de A Bouza acolleu o acto de presentación oficial da nova directiva do Umia Club de Fútbol, unha entidade deportiva de referencia no municipio ribadumiense. Ao acto asistiron o alcalde de Ribadumia, concelleiros da corporación, así como familiares, socios e simpatizantes do club, nun ambiente de unidade e apoio ao novo equipo directivo.
A nova directiva, encabezada por Fernando Romero Outeda como presidente, está composta por persoas vinculadas ao deporte e á vida social do municipio, que asumen o reto de liderar unha nova etapa co obxectivo de continuar promovendo o fútbol base e senior, e consolidar ao Umia CF como un proxecto deportivo sostible e con raíces en Ribadumia.
Na vicepresidencia estará José Manuel Piñeiro Vidal, como secretaria Begoña Fontán Fajardo, tesoureiro Antonio José Galán Padín e como vogais: José Manuel Fernández Piñeiro, Cristina Arosa Camiña, Francisco Javier Gómez Blanco, Manuel Carrera Méndez, Mercedes Docampo González, Rosendo González Vázquez, Rubén González Costa, José Benito Nine Ces, Diana Lorenzo Fontán, Silvia Muñiz Salgueiro e Luis Francisco Buceta Rodríguez.
O acto serviu tamén como mostra do compromiso institucional co tecido asociativo deportivo, e puxo en valor a importancia de traballar de forma conxunta para garantir que os clubs locais sigan sendo espazos de formación.
“O Concello de Ribadumia deséxalle á nova directiva unha etapa chea de éxitos e boas decisións en beneficio do club e de toda a veciñanza. Ademais, queremos mostrar o noso apoio ao Umia CF como elemento fundamental na promoción do deporte, dos valores educativos e da convivencia no municipio”.