Alfonso Rueda defende darlle a Medalla de Ouro de Galicia á princesa Leonor

O presidente galego xustifica a condecoración no "agarimo sincelo" que "a maioría do pobo galego sente" pola herdeira da Coroa
Alfonso Rueda defende darlle a Medalla de Ouro de Galicia á princesa Leonor
La princesa Leonor, en la cubierta del buque escuela 'Juan Sebastián de Elcano' | Roman Ríos (Efe)

A Xunta de Galicia entregará o vindeiro luns, 14 de xullo, a Medalla de Ouro de Galicia á princesa de Asturias, Leonor de Borbón Ortiz, unha medida que o presidente do Goberno autonómico galego, Alfonso Rueda, defendeu polo “agarimo sinxelo” que está “seguro” que “a maioría do pobo galego sente”.


O Consello da Xunta acordou esta distinción, coñecida desde comezos de xuño, que se entregará á princesa nun acto en Santiago, dous días antes da cerimonia de entrega de despachos na Escola Naval de Marín, o 16 de xullo, coa culminación do seu ano de formación militar.


Sobre este recoñecemento, Rueda destacou que se busca valorar a “pegada” da presenza da princesa no seu paso por Galicia, ademais da “relación” da Casa Real coa comunidade e a súa vinculación á “tradición mariñeira”. Leonor de Borbón Ortiz pasará a compartir esta distinción co seu avó, don Juan Carlos I, quen a recibiu en 1985.


As Medallas de Ouro de Galicia constitúen o máximo recoñecemento que o Executivo autonómico entrega a persoeiros, colectivos ou institucións polos seus méritos ao servizo da comunidade en calquera ámbito da vida social, cultural ou económica.


Este acto será, por motivos de axenda da protagonista, diferenciado da cerimonia de entrega dos galardóns ao resto de premiados, que terá lugar o 24 de xullo. Ata 2014 a entrega tiña lugar de forma habitual o 25 de xullo, coincidindo coa celebración do Día de Galicia. 

Alfonso Rueda defende darlle a Medalla de Ouro de Galicia á princesa Leonor

Te puede interesar