José Antonio Santamaría: “Nós non nos vamos a opoñer a reapertura da mina de Touro sempre e cando cumpra todos os requisitos e xere emprego”

José Antonio Santamaría: “Nós non nos vamos a opoñer a reapertura da mina de Touro sempre e cando cumpra todos os requisitos e xere emprego”
José Antonio Santamaría cumprirá este verán oito anos como patrón maior da Confraría de Pescadores de Aguiño | Chechu Río

José Antonio Santamaría Sampedro, que o vinderio 9 de marzo cumprirá 55 anos, leva a maior parte da súa vida metido na Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño. Chegou a ela cando tiña 16 anos e, prácticamente, desde o primeiro momento xa formou parte das directivas da agrupación de mariscadores e do cabildo. O seu máximo interese é velar polos socios, “que son os que mandan”, sostén, e que lles vaia ben económica e socialmente.


¿Que tal está funcionando a Cofradía de Pescadores de Aguiño?

Vainos ben, con altos e baixos, pois nos afecta o coronavirus, como a todos os sectores. Estamos á espera de que nos valga o produto, e temos que ir tirando pouco a pouco. Esperabamos que decembro fora mellor, pero non foi así debido ao mal tempo e a anulación de moitas comidas e ceas de empresa pola Covid-19, e salvounos que en días puntuais o marisco valeu algo máis. E este mes de xaneiro foi lamentable, aínda que non é para alarmarse; resultounos mellor novembro, e agora levantamos un pouco a cabeza, valendo un pouco máis o produto e ao cambiar de arte.


¿Como se atopa a Ría de Arousa no tocante a calidade das súas augas e a cría das especies que capturan os socios do pósito aguiñense?

A Ría de Arousa podería estar un pouco mellor, xa que no aspecto medioambiental sempre se pode facer algo máis, aínda que a calidade do noso produto está garantida. Non o digo só polo que se poda verter polo río Ulla, senón polo que poidamos ter polo fondo e que as depuradoras funcionen coma Deus manda. Esto é un cúmulo de cousas. Aínda que non podo dicir que a ría estea mellor ou peor, pero si que é mellorable.


¿Que lle parece o proxecto de Cobre San Rafael de reapertura da mina de Touro-O Pino para a súa explotación e como vos pode afectar?

Vimos o proxecto por enriba e o vemos como calquera outro. Está ben, pois crea postos de traballo e é unha maneira de que a xente estea diversificada. Na nosa confraría mantemos unha postura imparcial, nin estamos a favor nin en contra. É unha empresa como tamén o é calquera confraría, e nós non nos vamos a opoñer a reapertura da mina de Touro sempre e cando cumpra todos os requisitos e xere emprego. Se a Xunta de Galicia lle dá os permisos para explotala e non infrinxe as condicións que lle marcan, que o fagan.


Os promotores desa explotación firmaron un convenio con Parquistas de Carril para levar a cabo controis medioambientais, ¿que lle parece?

Todo o que sexa facer un control exhaustivo das augas ninguén se vai a negar a que se faga. Está claro que respecto a todos os controis que se realicen na nosa ría e no mar estamos dispostos a axudar no que faga falta. Se o proxecto está ben contemplado e conta co respaldo da Consellería do Mar e de estamentos de seguridade nas augas, como son a Estación de Bioloxía Mariña da Graña ou o Centro Superior de Investigacións Científicas, e con todo o que eso conleva, nos estamos dacordo co proxecto, que ao final, vai a beneficiarnos a todos. O que queremos é que as cousas se fagan ben e as nosas augas estean ben.


¿Cree que o feito de que o CSIC analice os parámetros da auga dalle un aval a ese proxecto?

Se os estamentos que son os pilares da seguridade medioambiental están aí para protexernos a nos e aos nosos mares, que máis podemos pedir... Está claro que sempre vamos a estar dacordo co que sexa protexer o mar.


¿Calés son os logros máis salientables da vosa confraría?

O máis importante é que a confraría estea arriba, é dicir que económica e socialmente tire para adiante. O resto e secundario.


¿Cales son os retos ou obxectivos que teñen a medio e longo prazo?

Estamos á espera de que Portos de Galicia nos presente a finais de verán un proxecto para a instalación de pantaláns para as nosas embarcacións da terceira lista. Estase pendente de buscar emprazamento, pois o peirao está aberto ao mar e haberá que buscar que teña máis abrigo natural ou facerlle un artificial para que sexa seguro. Tentamos rexenerar a praia de Castro-Catía e, aínda que o logramos, nos últimos dous anos a ameixa foi a menos, pero seguiremos loitando para que esa recuperación non se frene. O mesmo perseguimos para a ameixa no entorno de Sálvora, traballando xunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas. Queremos manter os recursos e pedirlle algúns máis á Consellería do Mar para repartirnos. Estamos en proxectos de algas e poliquetos, co que imos empezar este ano, e tamén outro para as anémoras.

José Antonio Santamaría: “Nós non nos vamos a opoñer a reapertura da mina de Touro sempre e cando cumpra todos os requisitos e xere emprego”

Te puede interesar