A parroquia boirense de Lampón recuperou a procesión marítima na honra da Virxe do Carme

A parroquia boirense de Lampón recuperou a procesión marítima na honra da Virxe do Carme
Lampón volveu a celebrar a súa procesión marítima do Carme | Chechu Río

Arredor dun milleiro de persoas acompañaron onte en seis bateeiros e 40 lanchas de recreo á imaxe da Virxe do Carme que levou o barco mexilloeiro “Rubio Segundo” de Cabo de Cruz na procesión marítima -durante o desenvolvemengo do percorrido terrestre foi portada por integrantes da Cofradía da Virxe dos Mares, e outros acompañaron cos estandartes e ían a caron da talla, que estrenou coroa de prata e peana, e se traballa na consecución dun mando- que se recuperou na parroquia boirense de Santiago de Lampón despois de non poder celebrarse a causa das restriccións derivadas da pandemia pola Covid-19. 


Entre as autoridades, ademais de concelleiros e do párroco Marcelino Sánchez Sabarís, atopouse Ricardo Saborís, tenente da Armada, que é natural de Ribadumia, aínda que traballa en Madrid pero pasa largas temporadas en Escarabote, e tamén o xefe da unidade operativa en Ribeira do Servizo de Gardacostas de Galicia, Francisco González. Tamén contouse coas actuacións a bordo dos grupos de gaitas Arume, Os Salgueiriños e Os Pequenos do Barbanza, que antes ofreceron as alboradas, ao igual hoxe. A ofrenda floral polos falecidos no mar fíxose no lugar habitual, no sur da Pedra de Aroña, entre o polígono de bateas C Caramiñal e fronte á capela da Mercé.


A xente demostrou que tiña moitas gañas de honrar á patrona dos mariñeiros, pois foron moitos os que, por problemas de aforo, non se puideron subir ás embarcacións, entre as que estaba “Del Rey”, que levou a talla de Santiago Apóstol, patrón de dita parroquia e que hoxe celebrará a súa festividade. O programa previsto contempla misa rezada (10.00), misa solemne con celebración de primeiras comunións e procesión (12.00), actuación do grupo folclórico Os Gaiteiriños da Coruña (20.00), espectáculo de fogos artificiais terrestres e acuáticos e verbena co grupo Unión y Fuerza.


IMG 20220724 125412


IMG 20220724 125425


IMG 20220724 125445


IMG 20220724 125435


IMG 20220724 125654


IMG 20220724 131010


IMG 20220724 132041


IMG 20220724 133320


IMG 20220724 134304


IMG 20220724 134400


IMG 20220724 WA0009


IMG 20220724 133643


PSX 20220725 091004


PSX 20220725 091442


PSX 20220725 092025


PSX 20220725 092358


A parroquia boirense de Lampón recuperou a procesión marítima na honra da Virxe do Carme

Te puede interesar