Solicitan axuda para que o boirense Carlos Mora cumpra o seu soño de mercar unha bicicleta adaptada

Solicitan axuda para que o boirense Carlos Mora cumpra o seu soño de mercar unha bicicleta adaptada
Carlos Mora e Antonio García | Chechu López

O voceiro do grupo municipal Iniciativa Cidadá de Boiro (ICBoiro), Antonio García, solicitou onte a colaboración da cidadanía para axudar a que Carlos Mora, que sofre unja hemiplexia, poida acadar o seu soño de comprarse unha bicicleta adaptada as súas necesidades, para o que necesita un total de 10.000 euros e, dese modo, poderá recuperar parte da súa vida normal. O concelleiro boirense manifestou que “como políticos temos que utilizar tódolos recursos para axudar aos nosos veciños”. O propio Mora apuntou que para conseguir o sueño de poder adquirir esa bicicleta adaptada puxéronse á venda rifas por un prezo ou donativo de dous euros en varias empresas e establecementos comerciais do Barbanza, tales como a conserveira Frinsa, en Ribeira; Fisioterapia Venecia e Congalsa, na Pobra; Seguros Reale, Carniceria O Jalo (no mercado municipal), Panadería Susi, Libraría El Cisne, Centro Dietético Boiro, Natisan Regalos, Perruquería María (Beluso) e Bar Iglesia (Cures), en Boiro, e Peluquería Ana (Taragoña), en Rianxo.


Sortearase unha estancia na modalidade de aloxamento e almorzo para dúas persoas en Casa da Posta do Valmaior e o premiado será o posuidor da papeleta cuxo número coincida coas catro últimas cifras do gañador do sorteo da ONCE que se celebrará o día 31 de agosto. De igual xeito, os promotores desta acción solidaria indicaron que tamén se poden realizar aportacións económicas a través de Bizum ao número de teléfono 615 869 468, especificando o concepto “Bici adaptada Carlos Mora”. O beneficiario desta campaña expresou o seu agradecemento ao Club ciclista Barbanza e, sobretodo, a Moncha Moledo pola sía implicación.

Solicitan axuda para que o boirense Carlos Mora cumpra o seu soño de mercar unha bicicleta adaptada

Te puede interesar