A Xunta inviste 75.000 euros na pavimentación do porto de Rianxo, parte dun plan global de mellora

A Xunta inviste 75.000 euros na pavimentación do porto de Rianxo, parte dun plan global de mellora
Esta actuación inicia a fase de execución dun plan global para 26 dársenas autonómicas | Cedida

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, inviste 75.000 euros na renovación de pavimentos esgotados no porto de Rianxo, na Coruña. As obras atópanse en execución esta semana e permitirán dotar de novos firmes as explanadas e os viarios que presentaban necesidade no porto, así como repintar a sinalización horizontal. 


Esta actuación inicia a fase de execución dun plan global para 26 dársenas autonómicas no que Portos de Galicia inviste 1,6 millóns de euros para substituír e reforzar os pavimentos esgotados. No marco deste plan executaranse obras que inclúen a dotación de novas capas de firmes de reforzo, a reposición naquelas zonas nas que o pavimento fora esgotado e a reposición de firmes de formigón armado, ademais de labores de saneo de explanadas.


Como complemento destas actuacións, atenderase tamén a deixar a cota os pozos, arquetas e sumidoiros existentes e pintarase nova sinalización horizontal. Deste xeito, Portos de Galicia prevé mellorar a seguridade viaria de condutores e peón.

A Xunta inviste 75.000 euros na pavimentación do porto de Rianxo, parte dun plan global de mellora

Te puede interesar