Yasmina Romero | “O que máis me gusta é que saímos da rutina e facemos cousas distintas”

Yasmina Romero | “O que máis me gusta é que saímos da rutina e facemos cousas distintas”
Yasmina Romero sinala que lle gusta poder elixir as actividades que facer | Cedida

A área de “Persoas” de Amicos conta cun centro de día e outro ocupacional que sirven de apoio a cada usuario e a súa familia na construcción do seu proxecto de vida. Tamén se encadra aquí o Fogar Amicos, pensado como vivenda temporal ou permanente para quen necesita unha atención personalizada, integral e multidisciplinar. Tamén xurdiu “Integrados”, que busca que os usuarios aprendan a disfrutar do seu tempo libre a través do deporte, saídas culturais, promoción da saúde, campamentos, actividades e programas de cuidado da natureza como “Remar”, centrado na preservación dos mares, eliminación de residuos mariños e divulgación en centros escolares. 


Así, o equipo de Amicos traballa cada día para que cada un dos amicos se sinta unha parte importante da sociedade. E iso só se acada mediante actividades de inclusión e un traballo intenso de cara ao seu desenvolvemento persoal. E iso só é posible facilitando que sexan eles mesmos os que tomen as decisións do seu día a día como as actividades ás que queren asistir ou os proxectos nos que queren participar.

 

¿Como é para ti un día en Amicos?
Pola mañá recólleme a furgoneta e cando chegamos xa imos para o taller que toque, que non sempre é o mesmo. Os luns teño teatro e os venres fisioterapia, onde tamén facemos exercicios de relaxación. Facemos varios cada mañá, e despois xa imos ao comedor. A hora de comer é moi ruidosa, pero tamén moi divertida. Temos sitios asignados coas nosas fotos. Eu como ao lado das miñas amigas Rosa e Sonia, e aproveitamos para falar e poñernos ao día. Despois temos un tempo para lavar os dentes e ver a televisión, e xa imos para os talleres ata a hora de marchar. Cando chego a casa, as primeiras en saudarme son as miñas cadelas, que suben por min.

 

¿Que tipo de actividades realizas máis a miúdo? ¿Cales son as que adoitas escoller con máis asiduidade? ¿Por que?
Gústanme todas as actividades que facemos, e non hai un día que me guste especialmente. Facemos moitas actividades, e podemos elixir as que queremos facer. Eu adoito escoller un pouco de todo, depende do que me apeteza facer no momento de elixir.

 

¿Que é o que máis che gusta de Amicos? ¿E o que menos?
A comida está moi rica, é unha das cousas favoritas da miña compañeira Raquel. A min gústanme moito as actividades e estar coas miñas amigas, sobre todo con Rosa, Sonia, Isabel, Raquel, Iria e Rafa.

 

¿Como é a túa relación cos compañeiros? ¿E cos técnicos?
Moi boa. Os técnicos son mestura entre compañeiros e profesores.

 

Sobre os talleres e actividades como fisioterapia ou hidroterapia, ¿gústavos participar neles?
Moito. Á piscina imos por turnos, cada dúas semanas cada grupo. Eu nado a maioría do tempo, pero hai compañeiros que fan exercicios coa axuda de Inés, a técnica de fisioterapia. Nesta facemos distintos exercicios, depende de cada un, e tamén relaxación.

 

Tamén formades parte de Integrados”, ¿que facedes na asociación?
Eu non formo parte de “Integrados”, pero moitas amigas como Iria, José Manuel e Raquel si. Eu teño ido a algunhas saídas e excursións, pero agora mesmo xa non me acordo moi ben de a que sitios.

 

De todas as actividades e saídas, ¿cales recordas con máis cariño?
Non recordo moi ben, pero gústame saír do centro de vez en cando. O que máis me gusta é que saímos da rutina e facemos cousas distintas. A que máis recordo é cando fomos á festa de Queiruga. Gústame moito bailar, e alí bailamos xuntos os compañeiros e os técnicos que fomos, e ata nos encontramos con Pilita (técnica), que tamén bailou con nós.

 

¿Como o pasas en Remar?
Fixen alguna actividade de limpeza de praias, pero non é o que máis me gusta.

 

Adoitades facer moitas festas como Samaín, magosto, días mundiais... ¿Como vivides as preparacións?
Lévoo ben, son festeira e gústame que celebremos festas no centro. Paseino moi ben facendo os disfraces para o Samaín.

 

Do 1 ao 10, ¿que nota lle darías a tía vida en Amicos?
Eu son moi feliz aqueí en Amicos, doulle moi boa nota. l

Yasmina Romero | “O que máis me gusta é que saímos da rutina e facemos cousas distintas”

Te puede interesar