O alcalde de Cambados responde

O alcalde de Cambados responde

Quería preguntarlle que, xa que van crear un parque de deportes urbanos, senon plantexaron a posibilidade de construir unha pista de fútbol sala, nese mesmo lugar ou noutro emplazamento da vila.
Pois sí..no noso programa electoral xa levamos a construcción dunha pista polideportiva na parcela do Pombal onde tamén se instalará o skate park. Ademais imos habilitar espazos xa existentes para que se poida practicar deporte neles.


¿El cuartel estará terminado este año después del retraso que sufrieron las obras? 
No, el nuevo cuartel tiene un plazo de ejecución de ano y medio y las obras se paralizaron casi al principio, por lo que la previsión actual una vez reiniciadas las obras es para mediados de 2024.


Baixará o recibo do lixo para os veciños con isto da compostaxe? 
De momento non, pois o servizo de recollida de lixo é deficitario, custa máis do que pagamos cada usuario. O que conseguimos coa  compostaxe e a reciclaxe é, precisamente, non ter que aumentar o recibo, ademáis de xerar menos contaminación no medio ambiente. A medio prazo, sí que iremos cara un sistema onde cada cada veciño ou veciña pague polos resíduos que produza.


Por que non insiste máis ante Costas para que permita a tubería de Vilanova e así axudar ás empresas, que tanto traballo dan no noso pobo? 
Xa insistín. De feito fun o único que o fixo, pero consideran que o proxecto deseñado por Augas de Galicia é incompatible por transitar por dominio público.  Agora o asunto está xa xudicializado e haberá que esperar a resolución dos tribunais. En calquera caso o colector non é a causa do problema, senón a elevada cantidade de auga pluvial que chega a través del, procedente de Vilanova, e que dificulta ademáis o funcionamento da depuradora, polo que habería que reducir ese caudal en orixe.


Levamos anos e anos esperando por unha praza de abastos mentres a actual está fatal. Que pensan facer? 
Todo este tempo transcorrido foi de tramitación de autorizacións e en espera da tramitación do Plan Especial do Porto, que redactou Portos de Galicia e está agora en fase de información. En canto sexa aprobado este último trámite comezaremos coa execución da nova praza.
 

Haberá que por en valor o Muíño da Seca, non? Como é posible que se pensase durante tanto tempo que era BIC?
No ano 2022 fixemos una serie de destacados eventos para poner en valor o muíño, no marco do seu 400 aniversario, con actuacións, videos, visitas guiadas, ect. O Muíño da Seca é un dos nosos monumentos máis singulares e valiosos, que merece ser catalogado como BIC, así que xa reiniciamos a tramitación.


Noraboa pola campaña Arborízate. Tedes pensado outras accións de cara a incrementar o verde na zona?
A campaña Arborízate naceu para quedarse e seguiremos plantando unha árbore por cada nacemento. Ademáis estamos creando novas áreas verdes de lecer, como no paseo da Seca, en Refoxos ou no Couto de Arriba.


¿Cómo ves a la oposición de cara a las municipales?
A oposición tratou de asfixiar ao goberno local durante estes catro anos, privándonos de dedicación e salarios, pero sen éxito. Agora tratan de debuxar un Concello desastroso que non é real.
A pesar diso, da pandemia e da guerra logramos sacar adiante o Concello con importantes avances, proxectos e iniciativas.


¿Se mantendrán en el tiempo las visitas guiadas por el patrimonio de Cambados? 
Paréceme una iniciativa moi interesante polo que dende o Concello a apoiaremos e colaboraremos na medida das nosas posibilidades.


Tedes xa algún adianto que nos podades dar da Festa do Albariño?
Temos xa un bosquexo de cómo vai ser a festa, e alguna actuación pechada, pero aínda non é o momento de facelo público.
 

¿Hasta qué punto ayuda el ayuntamiento al Refugio de Cambados?
Colaboramos de dúas maneiras: cunha subvención económica para o seu funcionamento, e coa cesión e colaboración no mantemento das instalacións. Na última intervención renovamos o pavimento para que os animais do refuxio poidan estar nas mellores condicións posibles.


Que novidades hai sobre o campo de fútbol de Castrelo? Xa vai máis dun ano que o Concello aseguraba que estaba a buscar unha solución. 
O campo de fútbol de Castrelo está situado en terreos de recheo que ocupan dominio público marítimo terrestre. Non son, polo tanto, de titularidade municipal senón de Costas. Temos solicitada a concesión e se ésta non fose posible, a desafectación. Non obstante, mentras non se solucione este trámite ou se busquen terreos para un novo campo, este poderá seguir utilizándose como ata o de agora.


Cal é a súa postura sobre o conflito da mexilla?
É un conflicto creado pola Consellería do Mar entre dous colectivos que teñen que convivir: bateeiros e percebeiros deben poder explotar os seus recursos sen perxudicarse mutuamente e así o levan facendo toda a vida. A postura máis difícil de crer é a do PP na comarca, que sendo aprobada esta norma en 2019, non piden a súa retirada ata o 2023 xusto antes das eleccións. Estou convencido de que se non o retiran antes das eleccións, despois non o van facer.

O alcalde de Cambados responde

Te puede interesar