El alcalde de Sanxenxo responde

El alcalde de Sanxenxo responde
Telmo Martín alcalde de Sanxenxo

Entra nos plans do goberno modificar o PXOM  para axudar a medrar e desenvolver Vilalonga?

Estanse estudando as posibilidades de desenvolvemento da parroquia e a mellora da súa vertebración viaria, pero cremos firmemente que o futuro de Vilalonga ten que ir unido á actividade turística pola valor paisaxístico da súa franxa litoral e a súa boa comunicación. Hai proxectos en marcha que impulsarán a súa riqueza natural e ornitolóxica.

 

 

Cando está prevista a construcción da estrada de conexión do parque empresarial de Nantes con Vilalonga?

Comunicar Vilalonga co parque empresarial é unha actuación moi importante e clave para a parroquia dende que está funcionando o parque empresarial, pero que precisa ser conveniada coa Xunta e a Deputación.

 

 

Dende o Concello, como se está a apoiar o Banco de Alimentos do Salnés?

Acabamos de firmar un convenio para cederlles o uso dunha instalación en exclusiva, o antiguo mercado, que adaptamos para o Banco de Alimento e que tivo un coste superior aos 40.000 euros. A pesar de que axuda a veciños das distintas partes da comarca e incluso da provincia, somos os único concello que se implicou na dotación dun punto de distribución e reparto de axuda. Antes xa estaban no edifico da Telleira.

 

 

Ademais da Ruta de Dorrón, teñen en mente ampliar a cifra de sendeiros? Creo que é algo bo que ten a nosa terra e que se debe pór en valor.

Claro que si. A nosa idea é seguir sumando espazos naturais que axuden a coñecer a nosa riqueza patrimonial e natural. Sanxenxo é líder no número de sendeiros en España con esta certificación ao contar con algo máis de 30 kilómetros con este distintivo nun total de sete rutas. E pronto sumaremos o de Dorrón e seguiremos coa ruta do río Fabaíños.

 

 

¿Está satisfeito co seu mandato? ¿Pensa que podería facer as cousas dunha maneira diferente?

O que me coñece sabe que non me conformo, pero creo que o balance de actuación deste mandato é abundante. Boa proba disto é que nestes momentos están en execución oito actuacións: Praza de Vilalonga, Boulevard de Portonovo, pavillón de Baltar, mellora de seguridade viaria na PO-504, a ruta de sendeirismo de Dorrón, Praza do Pazo e as melloras dos parques infantís. Xa están adxudicadas as obras da primeira fase do porto deportivo de Sanxenxo e a ampliación de saneamento e auga no rural e licitarase proximamente a primeira fase do mercado, o campo de fútbol de Dorrón, a reforma do Pazo de Emilia Pardo Bazán, a mellora da Telleira, a senda da Ría de Arousa e a segunda fase do Pazo de Quintáns.

 

 

Debido ao alto prezo das viviendas en zonas como Sanxenxo e Portonovo, podería Vilalonga convertirse en cidade dormitorio?

Vilalonga está chamada a ser un destino turístico referente no turismo natural e ornitolóxico. A parroquia conta cun dos humedais máis importantes de España, protexido polo convenio Ramsar, un selecto clube do que forman parte só 75 concellos dos 8.000 que hai en España. Ademáis conta coas figuras de protección europeas ZEC e ZEPA.

 

 

Cre que a actividade do parque empresarial de Nantes está tendo repercusión nas cifras do emprego no municipio?

Cremos que si. Nestes momentos hai vinte empresas instaladas e 54 parcelas ocupadas. O dato que mellor avala esta circuntancia é que no 2017 a tasa de paro en Sanxenxo era superior ao 15 % e pechamos 2022 cunha tasa de desemprego media anual do 9,78%. Sanxenxo nunca tivo unha tasa de paro tan baixa e nos primeiros meses deste ano a evolución vai por bo camiño.

 

 

Sanxenxo leva anos apostando polas bandeiras azuis, está previsto dotar a algunha praia máis con este distintivo?

Como xa saberán Sanxenxo conta con 17 bandeiras azuis. Somos líderes neste distintivo, pero non nos conformamos. Se seguen presentando boas analíticas praias como a de Barreiros ou a de Nanín poderán optar ás bandeiras azuis. Somos un destino turístico que apostamos pola calidade e que é unha das cousas que nos diferencia.

 

Tras as obras do entorno do mercado e do colexio de Portonovo, chegaron os traballos a carretera da Lanzada que están en execución coa conseguinte eliminación das prazas de aparcamento. Está previsto buscar solucións á falta de estacionamento, especialmente no verán?

Mellorar espazos públicos e dar maior protagonismo ás persoas fai inevitable a perda de aparcamentos. Xa se teñen habilitados varios aparcamentos disuasorios enfronte do mercado e na entrada á vila e reordenouse o aparcamento da Perla, pero a solución definitiva chegará coa reforma do porto de Portonovo que conleva un aparcamento con 300 prazas.

 

 

Que se vai facer no porto deportivo de Sanxenxo?

Hai un proxecto de mellora do porto deportivo valorado en 8 millóns de euros que se realizará en tres fases, pero quero deixar claro e que se vai facer cos ingresos que xenere a recente ampliación da concesión do porto por vinte anos máis. Nin un euro vair sair das arcas municipais. A primeira fase dará comezo despois de Semana Santa e consistirá na creación dunha rampla axardinada que unirá a Praza dos Barcos e a Praza do Mar.

El alcalde de Sanxenxo responde

Te puede interesar