Xenera Compañía Eléctrica impulsa polo Día do Libro, o próximo 23 de abril, unha acción literaria na que xogará un importante papel a participación cidadá. Trátase dunha intervención cultural, a través da cal se van agochar libros en galego en distintos puntos da capital do albariño, para que quen atope algún poida queda con el, compartilo nas redes co hashtag #AtopaLectura e gozar ademais dun agasallo asegurado.
Cada exemplar irá envolto e acompañado por unha mensaxe de Lucinda, “a vaquiña” da compañía, que convida a sacar unha foto ou facer un vídeo do achado, compartila en redes sociais e recibir un agasallo sorpresa polo simple feito de participar.
Desde a compañía eléctrica sinalan que esta iniciativa ten a finalidade de achegar a lectura desde a sorpresa e a emoción, cun ton próximo, rural e cultural. Con ela, Xenera trata de por de manifesto, unha vez máis, o seu compromiso coa cultura galega e tamén con Cambados, onde vai a poñer en marcha esta iniciativa xunto con Redondela. “É unha forma diferente de achegar a lectura en galego, desde a sorpresa, a emoción e a participación cidadá”, destacan.