Un piloto veciño de Vilagarcía está desaparecido desde o martes 29 de abril, tras despegar de Minessota, Estados Unidos nun voo ferry con destino ás Azores, en Portugal. A súa familia non garda moitas esperanzas de que se atope con vida, tras aparecer restos da aeronave e tras máis de dúas semanas sen saber nada, e gardan contacto directo co Ministerio de Exteriores.
O home, que responde ás iniciais de J.L.D., é un experimentado piloto que se atopaba aos mandos dun Air Tractor AT-802, operada pola compañía Saama Aviación, filial independente da española Martínez Ridao. A aeronave perdeu contacto cos controladores aéreos aproximadamente unha hora e media despois do despegue, a uns 400 quilómetros da costa este de Newfoundland, en Canadá.
Segundo a información proporcionada polo Joint Rescue Coordination Centre o avión emitiu unha sinal de emerxencia a través dun Garmin SOS e un transmisor de localización de emerxencias, arredor das 9:08 horas do 29 de abril, hora do Atlántico, cando se atopaba a uns 225 quilómetros ao este de St. John’s.
A páxina especializada Aviación Dixital explica que o piloto, un profesional con ampla experiencia en voos ferry (sen pasaxeiros, cando volven a base), solicitou un descenso desde os 11.000 pés, (3.350 metros) a 2.000 pés (610 metros). Aínda que dito portal fala dun posible problema de enxelamento, as autoridades e a familia prefiren ser cautos e esperar a que se coñezan máis datos, xa que o accidente se atopa baixo unha investigación.
O home está casado e ten fillos, que afrontan con dor a situación e xa sen esperanzas de que apareza con vida, tras tantos días sen noticias.
De feito, a búsqueda agora mesmo xa está suspendida. Durante uns días, un helicóptero Cormorant CH-149, un avión Hercules CC-130, a Guardia Costera canadienses e embarcacións pesqueiras locales participaron nun dispositivo para dar con J.L.D., pero sen éxito. Os equipos de rescate lograron localizar un flotador do avión, un rastro de aceite na superficie e unha balsa de supervivencia vacía, de cor laranxa, pero sen rastro do piloto nin do fuselaxe principal da aeronave.
As autoridades suspenderon as labores de búsqueda aos tres días, debido ás condicións adversas do mar e ás baixas posibilidades de atopar ao home con vida, segundo declararon. A temperatura xélida da auga no Atlántico Norte tamén ten moito que ver nesta decisión, asi como nas malas perspectivas.
A familia está agora á espera de datos sobre o informe que se elabore durante a investigación. Manteñen contacto con Consulado en Canadá. Desde o Ministerio de Exteriores de José Albares sinalan que a familia mantén contacto constante co cónsul xeral de España en Montreal.