O cambadés Manolo Paz recibe o saúdo dos reis ante a súa escultura “Bolboreta” na Praza do Obradoiro

O cambadés Manolo Paz recibe o saúdo dos reis ante a súa escultura “Bolboreta” na Praza do Obradoiro
O escultor saliniense, onte, saudado por Felipe VI en Santiago | cedida

O rei Felipe VI e a súa familia coñeceron onte durante a súa visita a Santiago de Compostela con motivo dos actos do 25 de xullo a obra “Bolboreta”, do escultor cambadés Manolo Paz. Os reis e as súas fillas saudaron en persoa ao artista saliniense ao pé da obra, instalada hai uns días na Praza do Obradoiro.

“Bolboreta” é unha das cinco creacións que o cambadés expón na capital galega desde hai uns días. Outras catro están repartidas por outros espazos do casco histórico de Compostela e no monte Gaiás. Trátase de pezas expostas ao aire libre, baixo o título da exposición “A distancia que une”.



Ata o 15 de setembro


A mostra permanecerá na cidade santiaguesa ata o 15 de setembro. As restantes obras levan por título “Diálogo”, “Transparencias”, “Menhir” e “Espellos no Camiño”. Pódense ver tanto na Cidade da Cultura no Gaiás e no Obradoiro, como quedou dito, como na Alameda, o parque de Bonaval e a carón do Museo do Pobo Galego e do CGAC (Centro Gallego de Arte Contemporáneo). l

O cambadés Manolo Paz recibe o saúdo dos reis ante a súa escultura “Bolboreta” na Praza do Obradoiro

Te puede interesar