O Concello de Cambados e o Consorcio Zona Franca de Vigo traballan nunha ampliación do polígono industrial de Sete Pías en resposta á demanda de grandes parcelas por parte de empresas xa asentadas e interesadas en expandirse e de novas, e que non pode cubrirse coas escasas e pequenas fincas que quedan baleiras. Trátase dun proxecto que ambiciona sumar unha superficie de 200.000 metros cadrados, cara ao norte, comprando dúcias de fincas particulares que deberán someterse a un proceso de recalificación urbanística, pois son solo rústico.
As autoridades recoñecen que será un proceso longo e explican que é unha proposta de máximos, de sumar todos os metros cadrados posibles aínda que non se puidera chegar a eses 231.196 previstos, o cal suporía duplicar o parque actual. Para o seu desenrolo firmaríase un convenio entre ambas institucións detallando as aportacións de cada unha ao proxecto. No obstante, a proposta municipal pasa porque Zona Franca de Vigo asuma a execución e incluso o custe da compra dos terreos.
Así o explicou onte o alcalde, Samuel Lago, nunha comparecencia no lugar xunto á arquitecta Rosa Mouriño y Laura Rivas, directora de proxectos, quen indicou que todavía é preciso “avaliar o coste das parcelas e a rendabilidade para Zona Franca, buscando o equilibrio para ambas partes”.
En todo caso, destacou a “vontade” de seguir adiante nesta iniciativa seguindo o espírito desta institución pública de “impulsar o desenrolo económico e a creación de emprego na área de influencia” de Vigo. Non sería a primeira vez que toma parte en actuacións de parques industriais, de feito, un dos casos máis próximos están no de A Ran, en Cuntis.
O primeiro paso que dará agora a administración local é manter unha reunión con Urbanismo da Xunta para dar inicio aos trámites necesarios para facer a recalificación dos terreos. Lago explicou que xa se lle plantexou nun encontro anterior por otras cuestións e o viron como viable.
O Concello espera chegar a acordo cos donos das dúcias de terreos e se non, recurrirá á expropiación
A ampliación realizaríase cara a parte norte do parque de Sete Pías, onde hai unha gran cantidade de propiedades particulares, maiormente de pequeno tamaño, exceptuando un par delas. Todas elas están calificadas como solo rústico e segundo Lago, son case todas de uso e aproveitamento forestal –con plantacións– aínda que “tamén hai algunhas improdutivas”.
O número de propietarios pode ascender a un cento e o desexo do alcalde “é sempre intentar chegar a un acordo, pero no caso de non ser posible, habería que recurrir á expropiación”. Para iso sería precisa unha declaración de interese xeral.
Para convertelas en chan apto para uso industrial será preciso recurrir a unha modificación puntual das Normas Subsidiarias que rexen o urbanismo de Cambados e isto require da elaboración dunha memoria e a emisión dunha serie de informes polas administracións competentes, como a autonómica.
Trátase de procedementos administrativos que conlevan anos, aínda non habendo ningunha complicación. Non obstante, o cuatripartito está decidido a levalo adiante porque “non é algo necesario senón imprescindible”, declarou o socialista. Relatou que agora hai dúas empresas xa instaladas –unha conserveira e outra do sector naval– que precisan de espazo para crecer e ademais “hai interesadas empresas para instalarse aquí”. Non obstante, “practicamente non quedan parcelas baleiras e as que hai son de pequeno tamaño e non solucionan a necesidade”, engadiu. Por iso, xa hai uns meses que traballan nesta proposta.
O parque industrial seguiría os viais transversais actuais e contaría coas pertinentes zonas verdes e de urbanización. Así as cousas, poderían resultar ata un cento de parcelas, de lograrse os 200.000 metros cadrados de superficie propostos. De feito, a proposta do actual goberno local non é nova, sobre todo porque a única opción de estender o parque industrial é cara a esta zona.
Sete Pías empezou a construírse no ano 2000 e un lustro despois xa se estaba plantexando unha ampliación. No obstante, non saiu adiante e a idea volveu a retomarse no 2013, tamén con PP no Executivo municipal, pero a crise económica frenou os seus plans e a tramitación urbanística de recalificación urbanística.
Este parque, situado preto ao de Cabanelas de Ribadumia e que, xuntos, reciben o nome de Parque Industrial do Salnés, é un dos que “máis ocupación” ten da comarca, sobre todo dende hai uns anos.
Cabe recordar que os gobernos municipais dos últimos oito anos, con coalicións de PSOE, Somos, BNG e Cambados Pode realizaron unha importante inversión nesta instalación de titularidade municipal que chegou a sumar 800.000 euros, sufragados en gran parte a través de axudas e programas doutras administracións, como a Xunta. Deste modo, entre outras melloras, completáronse as beirrarúas, púxose a funcionar o sistema de videovixilancia e se avanzou na conexión a internet coa colocación de fibra óptica, que era unha gran demanda das firmas instaladas.