jueves 12.12.2019

O Concello do Grove celebrará o Día da Patria cun gran acto institucional na Praza do Corgo

O Concello desenvolve durante toda a semana unha intensa programación cultural na localidade
Imaxe da fachada do Concello do Grove | gonzalo salgado
Imaxe da fachada do Concello do Grove | gonzalo salgado

O Concello do Grove celebra o xoves día 25 a efeméride do Día da Patria Galega cun acto institucional na Praza do Corgo. A cita está fixada para as nove da tarde coa interpretación do Himno Galego a cargo da Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño. A continuación haberá interpretacións musicais a cargo de Clara Pino e Pablo Vidal e intervencións poéticas asinadas por María del Carmen Cacabelos e Queco Fresco. Do mesmo xeito tamén intervirá o alcalde do municipio, José Antonio Cacabelos, así como a edila de Cultura, Noemí Outeda. Durante a semana a programación será moi intensa con novas e propostas variadas para todos os públicos. Así pois mañá martes terá lugar unha nova sesión de contacontos na rúa Alcalde Xacobe Barral, coa representación de “Travesías” a cargo de Raquel Queizás e dirixida a un público familiar.

    O mércores será a quenda da Asociación Cultural e Musical Os Firrás, que se achegará ata a Praza do Corto cunha nova edición de “Noite de Serenatas” coa participación do grupo Lembranzas Moañesas e Os Firrás.

     O venres hai un oco para a maxia, o humor e a diversión. Expresión Produccións presentará na Praza do Corgo “Un, dous, tres”, un espectáculo teatral do ciclo “Cultura no Camiño” con maxia, música, clown, participación do público e moitas sorpresas para toda a familia.

     O sábado a Coral Polifónica San Martiño celebrará o 6º Memorial Loli Cabanelas nun concerto de zarzuela no que tamén participarán a Coral Polifónica de Santa María de Adina, a soprano Concha Rodríguez, Andrea Rey, Xabier Orge e Cristian Wagner.

Comentarios