O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou onte pola tarde o IES de Vilalonga coa finalidade de reunirse coa comunidade educativa e coñecer de primeira man os diferentes proxectos que se están a desenvolver nos niveis educativos da ESO, Bacharelato e FP.
Durante a visita, Rodríguez agradeceu o traballo e a impliación do alumnado e o profesorado do instituto, o cal conta con cerca de 800 xóvenes e adultos matriculados.
Unha proba desta involucración é a súa participación en programas impulsados pola Consellería de Educación, como o Club de Ciencia, o Club de Lectura, Navega con Rumbo ou o Plan Eduemprende, entre outros. Recentemente, o Club de Ciencia aventurouse por diversos proxectos de deseño e construcción de maquetas, e o departamento de mecánica do instituto impulsou a segunda edición do Congreso de Mobilidade Sostible en Medios de Transporte.
Outras visitas
O conselleiro tamén aproveitou o día para visitar o Colexio Santo Tomé de Cambados e o CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia.