O Centro Galego de Vitoria, coa colaboración da Mancomunidade do Salnés e a Concellería de Enoturismo de Cambados, volverá a impulsar a Festa do Albariño en Vitoria-Gasteiz, que acollerá do 19 ao 22 de xuño a segunda edición da cita enogastronómica, da que no anterior ano resultaron gañadoras tres adegas da comarca entre as corenta que se presentaron: Lagar da Cachada, Vionta e Santiago Roma, que recibiron esta mañana os premios.
A programación arrancará durante o 19 e 20 de xuño cunha ruta “pintxo-pote” polos diferentes bares galegos da cidade co sorteo dunha estancia dunha fin de semana en Cambados para os que visiten, polo menos, cinco dos locais. O sábado 21 darase paso á degustación dos viños da DO, que se extenderá ao domingo 22, gañando así un día con respecto á edición anterior, ante o éxito de participación rexistrado.
O edil de Enoturismo, José Ramón Abal, que animou ás adegas a participar nesta nova edición para favorecer a promoción dos viños das Rías Baixas. Un mercado, o País Vasco, no que tamén ten o foco a Mancomunidade como un nicho importante onde obter posibles visitantes, tal e como aseguraron o presidente, David Castro, e o delegado de Turismo, José Aspérez.