A parroquia de Vilariño inicia xa a conta atrás para celebrar unha das celebracións con maior tradición na comarca do Salnés: a Festa do Labrego, que cumpre esta edición 42 anos de historia. Así, non faltará o emblemático desfile de carros do país, tractores, cabalos e carricaos, nin a música tradicional e de verbena con orquestras como Trébol e La Banda de Ayer, entre outras actividades pensadas para enxalzar a actividade agrícola.
O programa arrancará o sábado 24 en horario de tarde con xogos populares para os rapaces, ncolchonetas gratis e unha xornada de tiro á chave, rematando o día con una verbena amenizada polas orquestras La Banda de Ayer e Trébol. O groso da actividade, non obstante, concentrarase na xornada dominical do día 25 de maio.
O pistoletazo correrá a cargodos grpos folclóricos Os Carballeiras de Vilariño, Volandeiras de Cambados e Os Demos da Peta, cunha alborada por toda a parroquia, a partir das nove da mañá. Unha hora despois arrancará o tradicional desfile de carros do país, tractores, cabalos e carricaos ata o novo recinto da festa na Barca en Covas de Lobos. A organización repartiá un total de 950 euros nas diferentes categorías. Haberá tres premios de 200, 150 e 100 euros na de tractores; outros tantos de 150, 100 e 50 en carricaos e un de 200 para o mellor carro do país. O xurado valorará cuestións como a decoración e a animación e os participantes deberán permanecer no recinto ata as 18 horas.
Alí desenvolverase unha intensa programación de actividades durante toda a xornada con actuacións dos citados grupos folclóricos. Tampouco faltará o reparto de chourizos, pan de millo e viño tinto, nin a exposición de produtos agrícolas e a poxa entre os asistentes e un desfile e exposición de tractores antigos.
Como novidade, no campo da festa celebrase unha misa, a partir das 12:30 horas e, a continuación, premiarase ao grupo más numeroso que se apunte á comida cunha cesta de produtos típicos da terra. Ademais, haberá servizo de pulpeira. Pola tarde haberá concursos de xogos tradicionais e pola noite, poñerase o broche final a ritmo do grupo musical A Xaiba e A Banda do Sequío, a partir das nove e media.