García Somoza: “Gañar o Ernesto Goday é unha grande honra, o nivel é moi alto”

García Somoza: “Gañar o Ernesto Goday é unha grande honra, o nivel é moi alto”
O artista vigués Julio César García Somoza no seu estudio xunto a un dos seus cadros | cedida

O vigués Julio César García Somoza, forma parte xa da lista de gañadores do Certame de pintura Ernesto Goday que dende fai oito anos convoca o Concello de O Grove. Este artista, natural da vila mariñeira de San Adrián de Cobres, en Vilaboa, alzouse co premio desta IX edición coa súa obra “Tornado” que representa unha fermosa e tradicional escena das embarcacións amarradas no porto grovense nunha noite despexada.


Que significado ten a escena de “Tornado” que resultou gañadora deste Certame?

Para min o máis representativo de O Grove, a parte das costumes e as xentes, e a imaxe do porto. Cando penso na vila meca venme a cabeza ese tipo de imaxes e quería darlle un enfoque diferente. Non quería facer a típica marina diurna e ocorréuseme facer esa imaxe nocturna.


Achegueime ata alí de noite e como estaba o ceo despexado, coas luces e o reflexo, gustoume esa imaxe e quixen transmitir sobre o lenzo a sensación que eu tiña nese momento mentras estaba paseando polo porto.


E porqué leva o nombre de “Tornado”?

Foi inmediato, dei un golpe de vista e vin o nome do barco, chamoume a atención e xa non o pensei máis porque é representativo da imaxe. Valorei dúas ou tres opcións na mesma liña, pero esa foi a que máis me motivou.


Cóntanos máis detalles sobre a técnica e o traballo que te supuxo crear esta peza...

A técnica é en acrílico sobre lenzo. O primeiro que fixen foi cubrir o fondo de cor negro e deille algúns matices ao reflexo da auga con spray de pintura en verde fosforescente e logo empecei a pintar a escena de esquerda a dereita.


Fíxeno en tres sesións e quixen facer bastante fincapé no tema das cores, que foxe homoxénea e que tivera os mesmos matices.


Que supón ganar un recoñecemento como o Certame de pintura Ernesto Goday de O Grove?

Para min é unha grande honra, non o esperaba porque o nivel dos participantes sempre é moi alto e levei unha grande ledicia cando me comentaron a nova.


Ernesto Goday é un maestro da pintura, é moi prolífico, ten una obra moi amplia, e valoro moito a constancia. Sempre admirei a súa obra dende que a coñecín, e gústame especialmente o tratamento das cores, as perspectivas e os retratos sobre todo.


De onde ven o teu gusto pola pintura? Tes algún premio máis no teu haber?

Dende pequeno sempre me gustou moito a pintura e cando teño un ratiño libre sempre o adico a crear, a facer debuxos, a pintar... e sempre teño algo na cabeza. De feito, cando vou de viaxe ou a pasear, teño una especie de deformación profesional e voume fixando nos encadres das nas paisaxes, nas cores, nas distintas combinacións e sempre pensando en representar dalgún xeito o que me transmite cada lugar, cada persoa e cada situación.


Estudei Belas Artes e rematei a carreira no 2005. Agora adícome ao sector administrativo aínda que tamén dou clases de pintura nunha asociación.


Ademáis, participei nalgún que outro concurso e tiven a sorte de gañar algún. O ano pasado tamén me presentei ao Certame Ernesto Goday coa miña obra “O Soño” que foi seleccionada para a exposición final.


Cales son os teus plans de futuro neste ámbito?

Como me gusta tanto a pintura, en ningún momento me desvinculo. Agora teño en mente plantexar un par de exposicións e seguir traballando nisto.

García Somoza: “Gañar o Ernesto Goday é unha grande honra, o nivel é moi alto”

Te puede interesar