Gonzalo Pita: “Creo que é un erro do PP querer atribuirse todos os logros do bipartito. Vexo moi difícil reeditar un pacto”

Gonzalo Pita: “Creo que é un erro do PP querer atribuirse todos os logros do bipartito. Vexo moi difícil reeditar un pacto”
IMG_1625_18332595

Gonzalo Pita (Vilalonga, 1970) preséntase ás vindeiras eleccións municipais de maio como candidato de SAL tras un mandato no que propiciou dous gobernos distintos, un cuatripartito con el como alcalde, e un bipartito, cedéndolle á Alcaldía ao PP.

Volve a presentarse ás eleccións tras un mandato moi intenso no que formou parte de dous gobernos distintos. Cal é o balance?    

Foi complicado con decisións difíciles e no que tivemos que escoitar moitas cousas. Conseguiuse un mandato top en canto a inversións con máis de 25 millóns de euros e o noso programa está cumprido ao 95%. SAL foi o único que gobernou en catro anos.

Cambiaría algo do que fixo destes catro anos? 

As circunstancias son diferentes en cada momento e foron pactos distintos. No 2015 o PP precisaba dun escarmento e creo que foi positivo o cuatripatito porque serviu para regularizar a situación económica e iso permitiu que no 2017 puidese falarse dun bipartito pensando en inversións. 

Cre entón que as inversións que se fixeron no segundo tramo de mandato non se poderían facer co tripartito? 

Está claro que non. Primeiro porque estabamos en minoría e así dificilmente poderiamos aprobar uns presupostos e non poderiamos cofinanciar proxectos que se están executando agora como a reforma de Progreso ou o a rehabilitación do Pazo de Quintáns.

Hai uns días na presentación da súa candidatura lanzou unha advertencia ao PP sobre a atribución dos logros acadados polo goberno? 

Creo que é un erro do PP querer atribuirse todo o protagonismo. Entendo que haxa desesperación polos resultados a nivel nacional, pero nós somos un partido humilde e cremos que o importante é que as cousas se fagan.

Reeditaría un pacto con Telmo Martín? 

Pois nas mesmas circunstancias vai ser moi difícil. Non compartimos as formas e hai moitas cousas que me gustaría cambiar como a falta de consenso nas decisións e a súa prepotencia. Levaron un escarmento hai catro anos e creo que xa se esqueceron. O PP quere atribuirse un goberno de dous anos onde todos aportamos o noso gran de area. Sería moi perigoso que un só partido gobernase Sanxenxo e sobre todo tendo a experiencia do pasado.

Cre que estos cambios de goberno pódenlle pasar factura no electorado de Sanxenxo? 

Moita xente non o entendeu ao principio, pero agora está vendo que os proxectos que nós lle esiximos ao PP se están a cumprir. Estamos falando de proxectos pendentes dende hai moitísimos anos como a praza de Vilalonga, colexio de Vilalonga, o Pazo de Quintáns, local de Gondar, a rúa Progreso, Avenida Luis Rocafort... Non sei o que estivo facendo ata agora o PP cando gobernou. O que importa son os feitos como di o noso lema e na presentación da candidatura enchemos o auditorio do Pazo de Emilia Pardo Bazán.

Cales son os proxectos de SAL para os vindeiros catro anos? 

As grandes obras non van ser a nosa bandeira, pero si rematar as obras que xa están iniciadas como a segunda fase do pavillón de Nantes, a do campo de fútbol de Dorrón e cremos que é necesario xestionar unha residencia de anciáns. Cremos que a de Ribadumia estase a quedar pequena. Pero a nosa aposta vai ser no rural coa creación de cuadrillas específicas que non saia das parroquias porque é o gran esquecido. 

Quedoulle algunha espiniña cravada nestes catro anos? 

A verdade é que non porque vendo o noso programa de quince proxectos que levabamos, trece están executados. Ademais, recentemente comunicousenos dende a Deputación que xa está feito o proxecto de senda ou beirarrúa dende a igrexa de Noalla ata A Lanzada. Unha das nosas apostas para o próximo mandato vai ser cofinanciar e facer realidade este proxecto. Tamén dotaremos de beirarrúas ou senda viais como os de Rouxique ou Aios na vindeira lexislatura.

Cre que vos pode prexudicar a fragmentación da dereita? 

A tarta vai a estar máis repartida e o voto tamén. SAL se diferencia dos demais porque non ten siglas que lle digan o que ten que facer nin como ten que facer nin con quen. Agora a xente decide, pero teñen a garantía de que o que prometemos podemos cumprilo. Confío en que non sexa un único partido o que goberne porque creo que debemos estar acostumados a pactar.

Na pizarra

“Responsabilidade” foi a palabra elexida polo candidato de SAL á Alcaldía de Sanxenxo. “Creo que é un valor que nos identifica. Non todo o mundo é capaz de ceder o sillón da Alcaldía de Sanxenxo polo ben dos veciños e fixémolo por responsabilidade”, dixo. Gonzalo Pita quixo facer a foto nos terreos do Centro Cultural de Vilalonga e cos terreos do colexio ao fondo. “Son dous proxectos que serán realidade en breve xa que están en proceso de licitación. Xa se estiveron facendo traballos previos na parcela do centro sociocultural”, asegurou.

Mañán no Grove, entrevista a: Heladio Outeiro, candidato do BNG

Gonzalo Pita: “Creo que é un erro do PP querer atribuirse todos os logros do bipartito. Vexo moi difícil reeditar un pacto”

Te puede interesar