A grovense Carolina Rubirosa queda a só un punto de gañar o Eurovisión das Linguas

A grovense Carolina Rubirosa queda a só un punto de gañar o Eurovisión das Linguas
A representante galega Carolina Rubirosa durante un concerto ofrecido con motivo do Festival Liet | Cedida

A intérprete e compositora grovense, Carolina Rubirosa, quedou a tan so un punto de acadar o primeiro posto no Festival Internacional de Liet, coñecido como o “Eurovisión das linguas minorizadas” que se celebrou o pasado venres en Dinamarca. A súa proposta gustou moito ao xurado e conseguiu 118 puntos, un menos ca os obtidos pola gañadora, a cantante Doria Ousset, que representou a Córcega. As votacións estiveron moi igualadas, situando á meca na primeira posición case ao remate, pero a votación do último membro do xurado tornou ás táboas, facendo subir a Doria e deixando a Carolina Rubirosa a tan só un punto.



Un soño cumplido


A representante galega amosa a súa satisfacción polo resultado acadado coa súa canción “O teu camiñar”, que conta cun videoclip inspirado na viaxe a Santiago que John Lennon planeou facer con Dalí polo Camiño Inglés, e no que colabora a irmá do músico de Liverpool, Julia Baird, que completou o percorrido. “Quedei moi contenta coa miña actuación, aínda que son moi perfeccionista e sempre pensas que hai cousas que podería ter mellorado. Aínda así, foi unha experiencia moi bonita, os meus compañeiros e máis eu desfrutámola moito”, confirma Rubirosa, quen coa emoción todavía no corpo, asegura que “Foi un soño para min poder actuar ante tantas persoas e cantando na miña querida lingua e as miñas cancións”.

A grovense recoñece que afrontou os días previos e súa saída ao escenario “bastante nerviosa”. “Ata que estás alí non te das conta do que realmente é. Vai todo a unha carta, a unha canción, e ademáis hai un nivel moi alto. Hai moitos medos e responsabilidades pero foi fantástico. O Liet, máis que un concurso é unha celebración das linguas, culturas, e tradicións doutros países, ademáis de coñecer a moitos compañeiros”, destacou a compositora meca.



Próximos concertos


Carolina subirase agora a outros moitos escenarios, xa que ten pechado un completo cartel de actuacións durante o verán en diferentes cidades de Galicia, como A Coruña, Vigo, Ourense, Lugo, Marín, e na súa localidade, O Grove, onde ademáis será a encargada de leer o pregón que dará inicio ás Festas do Carme. Ademáis, continúa coa promoción dos seus dous discos, “Alén do Mar” e “Terra de Nadie”, este último que presentará próximamente. Así mesmo, agradece a oportunidade brindada para participar neste festival que servirá sen dúbida, como un gran escaparate para dar a coñecer o talento desta xoven que todavía ten que dar moito que falar no panorama musical. 

A grovense Carolina Rubirosa queda a só un punto de gañar o Eurovisión das Linguas

Te puede interesar