A ILLA-Navallas e viño de autor: o combinado perfecto

A ILLA-Navallas e viño de autor: o combinado perfecto
os veciños da comarca do salnés e os turistas que elixiron a comarca como destino vacacional tiveron onte dúas opcións para gozar dunha xornada festiva: unha nova edición da festa da navalla na illa de arousa, que xa cum

Un sábado de verán, atípico como o de onte, cando a praia non era todo o apetecible que se quixera, foi o momento propicio para degustar un menú moi do Salnés: Unhas navallas da Illa de Arousa e un viño de autor de Meaño. O único inconveniente era a distancia pero seguro que algún fíxo todo o posible para asistir as dúas.
A celebración en torno a navalla tivo onte un bo día, en verbas da organización que, a falta dos datos de peche da xornada, falaba de que para ser sábado foi un día de vendas positivo, aínda que non superaron ás do Apóstolo, que foi o mellor. Con todo, onte xa se empezaban a notar os beneficios cos que a Asociación Cultural e Deportiva Dorna cubrirá os gastos e logrará unha cantidade para o clube de baloncesto, axudando á compra de material deportivo, as licenzas, etc. De feito, este evento, iniciado pola sección de buceo, cambia de organización de ano en ano pero sempre está en mans de agrupacións deportivas para axudar ao seu financiamento.
A traxedia do ferrocarril empañou a celebración pero Dorna xa comprara a mercancía e non podía permitirse quedar cunha débeda de miles de euros. Asunto polo que decidiron continuar adiante, aínda que tamén quixeron ter un recordo para as vítimas.
Durante a xornada de onte –a festa despídese hoxe– vendeuse todo tipo de produtos do mar e, aínda que a navalla era a estrela non foi o máis demandado, e iso que se rebaixou o prezo nun euro, quedando en 7,5 euros. En cambio si tivo máis éxito a ración de paella a 4 euros, na opinión da organización porque trátase dun prato máis consistente e a actual crise económica obriga a axustar as contas.
Mentras tanto, en Meaño venerábase ao viño de autor. Xa van vinte e seis anos de celebración dun evento que reúne a nove bodegas –cun viño de calidade avalada polo Consello Regulador da DO Rías Baixas–.  A maior afluencia de xente chegou pola noite e continúa hoxe coa fin do certame de “Fondar Barrís” e outros actos.

A ILLA-Navallas e viño de autor: o combinado perfecto

Te puede interesar