O legado das cantareiras, gardiás da tradición oral galega, resoa en Arousa

O legado das cantareiras, gardiás da tradición oral galega, resoa en Arousa
Escolares actuaron no festival de Vilagarcía | Mónica Ferreirós

O legado das cantareiras, que durante xeracións preservaron a tradición oral galega, celébrase este ano co gallo do Día das Letras Galegas, que no día de onte encheu todos os recunchos das comarcas de O Salnés e Ulla-Umia de actividades pensadas para os máis pequenos, que coparon a acción no día previo a efeméride.


Así, arte e literatura conxugáronse onte no Auditorio de Vilagarcía, onde os cativos amosaron as súas creacións para conmemorar ás cantareiras e por en valor a sua influencia e importancia na conservación do patrimonio cultural galego. Ademais do festival, Vilagarcía contou tamén onte coa presentación do libro de poemas ‘Meridiano orixe’, da carrilexa Andrea F. Maneiro.

 

Ofrenda florar Cambados Letras Galegas
Ofrenda floral en Cambados polas Letras Galegas | Gonzalo Salgado


Os escolares foron tamén os protagonistas dos actos que tiveron lugar onte en Cambados, coa tradicional ofrenda floral no monumento a Ramón Cabanillas, no Paseo da Calzada, que contou coa presenza do alumnado cambadés e con actuacións de música tradicionais co obxectivo de ensalzar o idioma galego.
En Caldas, un millar de alumnos de oito centros educativos e catro centros da contorna de Ulla-Umia na XI Festa da Lingua.,  nunha xornada con música, poesía, microrrelatos e monólogos e que, ademais, contou como madriñas coa presenza de Tanxugueiras, representantes dunna nova xeración que reivindica a tradición e a importancia do uso da lingua como parte da identidade colectiva de Galicia. Así, Aída Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro conversaron cos rapaces e brindáronlles unha actuación para despedir a exitosa xornada.

 

Tanxugueiras
As Tanxugueiras estiveron presentes en Caldas | Mónica Ferreirós


Ao otro lado da Ría, en Ribeira, o colexio Frións celebrou a súa clásica Romaría das Letras Galegas, unha xornada na que se combinou a organización de talleres para vivir de primeira man o homenaxe ás cantareiras, con distintos obradoiros e actividades durante a xornada.


Día das Letras Galegas

Os actos continúan hoxe, día propio das Letras Galegas. En Vilagarcía, o epicentro da actividade trasládase a Carril. O programa inclúe pasarrúas e baile tradicional da  Escola Gato Negro e Malveiras. A ofrenda floral ante o busto  de Rosalía de Castro celebrarase ás 12:30 coa participación das autoridades locais e pecharase a celebración co  concerto de Lúa Mosquetera. En Cambados haberá o tradicional concerto da Bande de Castrelo; en Ribadumia a Gala Ribadumienses en prol do galego; en A Illa, a botadura de embarcacións tradicionais; en O Grove unha feira do libro; en Meis a Romaría das Letras ou en Sanxenxo o XXII Certame Literario Os Picariños, Premios Mestre Hermida 2025. En O Barbanza, Boiro celebrará a Romaría das Letras no Pazo de Goiáns e Ribeira acollerá as actuacións de Bailadela e As Sete Linguas e as "Xornadas das Letras" en Aguiño.

O legado das cantareiras, gardiás da tradición oral galega, resoa en Arousa

Te puede interesar