Lionel Rexes: “Levar o nome de Lueiro Rey é un orgullo para calquera escritor”

Lionel Rexes: “Levar o nome de Lueiro Rey é un orgullo para calquera escritor”
Unha foto persoal do escritor lucense, Lionel Rexes | cedida

O escritor Lionel Rexes (París 1971), repite como gañador do Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta que convoca o Concello de O Grove. O autor, veciño da vila lucense de Alfoz, fíxose co galardón de esta edición gracias a súa obra “A montaña do Poeta” na que recordando unha vella historia sobre o poeta Noriega Varela, da unha volta de torca para relatar unha intrigante ficción que se desenvolve na actualidade.


Esta é a segunda vez que gañas o Premio Lueiro Rey, que supón para un escritor facerse con este recoñecemento?

Estou moi contento porque é un recoñecemento especial. O Premio Lueiro Rey ten 28 edicións e é unha cita consolidada no panorama literario galego. Para un escritor gañar un Lueiro Rey non é calquera cousa, ademáis de que levar o seu nome é un orgullo para nós, que nos dedicamos ás letras.


Que nos podes avanzar desta nova novela, A montaña do poeta?

A historia nace dun feito real, existe un vínculo entre una vivienda hoxe deshabitada que hay en alfoz, o concello onde resido, co poeta Noriega Varela, eso é algo real. É un feito conocido que Noriega Varela ía a aquela casa a visitar dúas mulleres que en aquel tiempo, falamos de finais do século XIX-XX, dedicábanse á prostitución e tamén a practicar abortos ilegales.


A partir dese feito real, elaboro unha ficción que ten lugar na actualidade. Unha das tramas principais de esta novela é a política penitenciaria utilizada de xeito vingativo por parte do poder en la época actual. Noriega Varela era un poeta coñecido popularmente como “O poeta da montaña” e eu xogo con esta denominación para darlle a volta e titular a novela “A montaña do poeta”.


E como foi o desenvolvemento da historia? Canto tempo te levou escribila?

O traballo foi arduo porque esta novela leva xa escrita tres ou catro anos. Eu escribina con outro título pero non estaba a gusto, non me gustaba como quedara, e dinlle a volta, desfíxena, hubo varias versións... E por fin, hai uns meses, collina de novo. Foi cando lle puxen o título definitivo, “A montaña do poeta”, e dinlle unha volta grande e esa foi a versión que mandei ao Concello de O Grove. Coincidía que acabei esa revisión no tempo en que tamén acababa o prazo para mandar a novela a esta convocatoria e afortunadamente a pasada semana chamáronme para comunicarme que fora a novela gañadora.


Entón inspíraste nun antigo feito con Noriega Varela para falar da actualidade....

Aproveito aquelo para facer unha trama actual porque esa casa existe e doulle vida na realidade.

Pero adiántovos algo. Hai un personaxe da novela que di que nesa casa podría facerse hoxe un centro de interpretación ou algo semellante xa que ten un vínculo, aínda que sexa remoto, coa literatura. Esa vivenda deshabitada existe, e aquí, popularmente, todo o mundo coñece como “A casa das mirixas” porque aquelas señoras eran chamadas así.


Que se sinte ao ver as súas obras publicadas pola Editorial Xerais?

Editorial Xerais é unha das máis grandes de Galicia para todos os que escribimos é moi importante publicar nas editoriais grandes, por unha cuestión, o problema do mercado editorial é a distribución. Hai editoriais que son pequeñas, e son moi dignas pero despois non teñen a potencia suficiente para poñer os libros en gran circulación. Esto, as editoriais grandes como ñe o caso de Xerais, manexan unha distribución moi potente que fai que esa publicación chegue a última librería do último recuncho do país.


Anteriormente publicouse a novela “A raíña das velutinas” gañadora da convocatoria do 2016, como foron as vendas?

Funcionou moi ben, cunha primeira edición no 2017 e a principios do ano seguinte, no 2018, fíxose unha segunda edición. Eu en aquel momento era un novelista descoñecido que non tiña ningunha publicación grande, tiña participado en coleccións de varios autores, libros colectivos, pero non tiña unha publicación propia como unha novela, una narración longa, era primeira, sin embargou funcionou moi ben, tivo moi boas críticas. Nesta edición non é doado ter unha segunda edición, sobretodo para alguén que empezaba naquel momento.


E como ves a túa evolución como escritor?

Vexo a miña madurez como escritor. Eu nestes cinco anos que pasaron non deixei de escribir nin de presentar obras, non so novelas, tamén relato curto. Agora ves unha linguaxe máis elaborada e tamén tramas máis maduras.


Como ésta actualmente a situación do sector?

A xente esta lendo moito máis coa pandemia. Estase máis na casa, o ocio é máis restrinxido e a xente non so volveu máis a ler, senon que tamén volveu ás librerías, e esa é moi boa nova porque moitas estaban desaparecendo pola presión das grandes superficies. A xente está volvendo á librería de barrio e eso é moi recomendable porque o libreiro é algo insustituible porque é un grande conselleiro.

Lionel Rexes: “Levar o nome de Lueiro Rey é un orgullo para calquera escritor”

Te puede interesar