Meis presenta a primeira Romaría das Letras Galegas con actuacións musicais e postos de artesanía

Meis presenta a primeira Romaría das Letras Galegas con actuacións musicais e postos de artesanía
O Salón de Plenos do Concello acolleu esta mañá a presentación | Cedida

O Concello de Meis presentou esta mañá a primeira edición da Romaría das Letras Galegas que, con motivo a esta efeméride, celebrarase o 17 de maio na Finca de Parga. O evento arrancará ao mediodía con horario ininterrompido e contará con cinco postos de artesanía e un de comida a carga dunha asociación deportiva municipal. Así mesmo, estarán representados os oficios de latoeiro, carpinteiro, zoqueiro e cesteiro, aínda que a alcaldesa, Marta Giráldez, aclarou durante a presentación que esta cita "non ten nada que ver" coa Feira da Artesanía, que este ano terá nova edición en xuño.

 

De igual modo, a programación complementase con actuacións musicais, que se iniciarán a partir das cinco da tarde, a cargo de grupos folclóricos do concello (Os Druídas, A Roda Pequena e o grupo Trevo) e que se cerrará a noitiña co grupo Son das Tabernas de Barro. Ademais, a rexidora avanzou que se habilitará unha zona de mesas para que os asistentes poidan comer na finca ante as peticións da veciñanza e aclarou que o evento está pensado para realizarse ao aire libre, polo que agarda que se cumpran unhas condicións meteorolóxicas favorables.

Meis presenta a primeira Romaría das Letras Galegas con actuacións musicais e postos de artesanía

Te puede interesar