A música indie de Dorian e Shinova conquista ao Son do Mar, que vibrará hoxe co rock de Heredeiros da Crus e El Drogas

A música indie de Dorian e Shinova conquista ao Son do Mar, que vibrará hoxe co rock de Heredeiros da Crus e El Drogas
O recinto do Pombal encheuse de público na primeira xornada do Son do Mar | Mónica Ferreirós

Cambados é desde onte referente cultural en Galicia grazas ao festival Son do Mar, que deu onte omezo a tres xornadas de música con artistas referentes a nivel nacional e internacional no indie, rock e música urbana, que dará continuidade a próxima semana coa Festa do Albariño.


Así, milleiros de persoas déronse cita onte no Pombal. A banda emerxente Ultraligera, chamada a ser a próxima sensación do rock indie nacional, abriu o festival, que dedicará cada xornada a un estilo musical, que no día de onte recaeu no indie. Un xénero no que son referentes Shinova e Dorian, pratos fortes do día, que fixeron ao público bailar con temas tan recoñecidos como ‘Tormenta de Arena’, ‘En cualquier otra parte’, ‘Los amigos que perdí’, ‘La sonrisa perfecta’ o ‘Te debo una canción’.


Nun fin de semana de sol e calor, no que O Pombal énchese dun gran ambiente para gozar da mellor música e no que tampouco falta unha potente oferta gastronómica, coa presencia de foodtracks, cunha ampla oferta para tódolos gustos, ademáis de unha gastroneta con produtos aptos para celíacos. 


O recinto acolle hoxe a sexta edición do Sachaso Rock. Un formato xa consolidado para os amantes do rock, que este ano contará cun dos grupos insignes do xénero en Galicia: Heredeiros da Crus. A banda ribeirense será a encargada de pechar unha xornada na que tamén actuarán nomes propios do panorama musical nacional, como son Ilegales e El Drogas, especialmente popular por ter sido durante case trinta anos cantante e baixista de Barricada.


Un formato que culminará mañá cun cartaz de artistas recoñecidos internacionalmente na música urbana e con millóns de escoitas en plataformas dixitais. A xornadara abrirase da man de Jorgito+Talent (19:45 horas), ao que seguirán Mar Lucas (20:30), Drefquila (21:30), o arxentino L-Gante (22:45) e Beéle (a partir de medianoite), un dos artistas do momento e que ingresou recentemente no top 5 dos artistas máis escoitados en Spotify a nivel mundial. Ofrecerá un concerto de hora e media que, ademais, pechará a súa xira en España e o cartaz musical do festival. 

A música indie de Dorian e Shinova conquista ao Son do Mar, que vibrará hoxe co rock de Heredeiros da Crus e El Drogas

Te puede interesar