Nolo Chazo: “Un dos nosos fortes é que todos os profesores son artistas, e iso afecta para ben”

Nolo Chazo é o director da Escola de Artes Caliveras, de Vilanova de Arousa. Alí imparte batería, entre outras materias, pero tamén valores como humildade e inspira coa súa propia experiencia a quen quere vivir da música.

 

A Caliveras  pode ir xente de calquera idade?
Si. Hai materias máis enfocadas a peques, como iniciación á música ou manualidades, pero no resto hai tanto para nenos como para adultos, un pouco para quitar ese estigma de “ai, vou vello, onde vou?”

 

Notades iso?
Si, pero máis antes que agora. Parece que a xente foino entendendo un pouquiño e xa vai habendo grupos de adultos. Eu, como profe de batería, ós nenos doulles máis “caña” na técnica, por se espertan ser un músico de “la leche” no futuro, pero nalguén adulto xa é por un hobby.

 

E vostede ten esa capacidade de ver se un neno ten algo especial?
Si. Cando chega un peque de 7 anos ou 8 notas cando toca todos os días na casa e tamén cando garda as baquetas na mochila  dunha semana para outra.

 

Que máis cousas se poden aprender en Caliveras?
De música temos batería, guitarra, baixo, canto, piano, gaita, percusión tradicional, batucada... E despois teatro, plástica, artesanía en coiro, skate, que a incluimos este ano...

 

Que tal acollida tivo skate?
Ben. Ó ser unha vila pequeniña non ten a afluencia que pode ter unha cidade grande coma Pontevedra, pero bastante guai. A xente  que cursou está moi contenta, que ó final é o que alimenta cada materia.

 

Cantos alumnos hai en total e cal é o perfil?
Non teño nin idea. Hai outras  escolas que fachendean de ter nonseicantas matrículas. Teremos 120 ou 130 alumnos, que está xenial.Os grupos grandes confórmanos nenos de entre 8 e 12 anos. Pero si que hai adolescentes e adultos. Sorprendentemente, tanto o ano pasado coma este, en teatro e en asignaturas musicais notamos un auxe a partir dos 30 anos.

 

"Cando alguén destaca, doulle “caña”, sen abusar. Hai
que alentalo, pero mantendo os valores da humildade" 

 

Notan que hai algunhas materias que teñen máis tirón ca outras?
Si. Sempre hai algunhas nas que costa máis facer grupo, por descoñecemento, por exemplo en artesanía. Porque a xente non sabe se vai chegar alí e vai facer unha cesta ou algo súper complicado. Pero traballamos con grupos pequeniños e o ensino é moi individualizado. Materias que funcionan súper ben son plástica, que tivemos varios cambios de profesor e agora temos un que cremos que demos coa clave. Os nenos dan desde pintar con acuarela, óleo... ata facer pirogravados, escultura... Van pensando que é ir alí a debuxar ou que che impriman pokémons e pintalos e están dando mogollón de cousas que non sabían nin que existían.

 

E con que estades agora?
Pois despois do fin de curso, xa campamento de verán a tope, en xullo. É un resumo de toda a actividade artística que se pode facer con nenos entre 5 e 12 anos. Faremos manualidades, andainas, yincanas, xornadas de cociña, excursións, algo de maxia, experimentos científicos... E pechamos cun mural colaborativo en gran formato no centro da vila que están todo o día alí pintando e... flipan.

 

A súa idea cando formou Caliveras era crear unha canteira de talentos en Vilanova. Hai canteira?
Hai canteira. Ves que hai xente que empezou con nós, como un rapaz que comezou en plástica, que agora está facendo deseños para videoxogos. Hai xente que quere, por exemplo, ser actriz, e espertou iso vindo ás nosas clases de teatro. Iso enorgullécenos. Un forte noso é que todos os profesores son artistas. O de batería toca e grava discos, a de teatro é actriz... e iso á hora de empapar ó alumnado afecta moitísimo, para ben. Porque teñen o exemplo vivo de que estudiando iso, poden chegar a vivir do que lles gusta facer.

 

9852dc57 ef00 4a8c a81a be597a39ffed
Nolo Chazo, segundo pola esquerda, xunto a outros integrantes de Caliveras | Cedida

 

E vostede como músico, que experiencias lles comparte?
Tiven unha clase de combo cunha banda do cole de San Miguel,  Rompecalaveras, e unha desas clases enfoqueina en dicirlles que si, sodes nenos e non estades polos cartos, pero que non vos vacilen. Que non vos teñan un día enteiro tirados para tocar media hora...  Así evitas que lle collan rabia porque os mangonearon.

 

Cando alguén despunta, é bo dicirllo ou non?
Non dicirlle “es o mellor que pasou por esta escola”, loxicamente, porque hai que ter presentes os valores da humildade. Pero cando vexo alguén que sobresae, doulle “caña”, sen abusar, evidentemente. Aléntalo, pero xogas con apretalos, sen afogar, sobre todo cando son nenos, e con recompensas. Por exemplo, curraches ben? Pois o resto da clase a tocar cancións e cousas que che gusten. Que non? Pois menos cancións e máis currar.

 

Que lle diría a esa xente que non se atreve, por idade, a achegarse a aprender con Caliveras?
Que veñan probar. Que lles mola? Xenial, que sigan. Que non? Que dean outra clase de proba, que son gratuitas.

 

E para o ano haberá algo novo?
Temos algo en mente, pero é unha inversión grande e non podo adiantar nada.

 

Que soño ten para Caliveras?
Seguir.  Ter o noso propio local e non centralizar a escola. Non queremos ter franquicias. É unha escola para Vilanova e a xente da contorna. Algunha aula máis faría falta, así que con algo de ambición, pero que non nos coma. 

Nolo Chazo: “Un dos nosos fortes é que todos os profesores son artistas, e iso afecta para ben”

Te puede interesar